A aguia calzada[2] ou aguia caudal[3] (Hieraaetus pennatus ou Aquila pennatus) é unha ave de rapina de ó redor de 47 cm de longo e 127 cm de envergadura. Os machos pesan uns 700 gramos e as femias ó redor dos 1 000.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Aguia calzada

Exemplar na India
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Hieraaetus
Especie: H. pennatus
Nome binomial
Hieraaetus pennatus
(Gmelin, 1788)
Mapa de distribución da aguia calzada.
Mapa de distribución da aguia calzada.

Mapa de distribución da aguia calzada.
Sinonimia
  • Aquila minuta Brehm, 1831
  • Aquila pennata
Pechar
Hieraaetus pennatus

Características

Viven no sur de Europa (agás en Italia), no norte de África e en Asia central. A poboación europea concéntrase nun 90% en España, onde se calculan unhas 9 000 parellas reprodutoras. Os exemplares europeos pasan o inverno na África subsahariana, os asiáticos no sur do continente. O seu hábitat habitual son zonas montañosas con bosques caducifolios e áreas abertas axeitadas para cazar.

A base da súa alimentación son mamíferos pequenos (roedores e coellos), paxaros e réptiles. Poñen un ou dous ovos nun niño situado nunha árbore alta.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.