enzima que fai diminuír a presión arterial From Wikipedia, the free encyclopedia
O ACE2 (do inglés angiotensin converting enzyme 2 ou enzima convertedor da anxiotensina 2)[1] é un enzima unido á superficie externa da membrana plasmática das células dos pulmóns, arterias, corazón, riles e intestinos.[2][3] O ACE2 fai diminuír a presión arterial ao catalizar o corte da anxiotensina II (un péptido vasoconstritor) orixinando anxiotensina 1-7 (un vasodilatador).[4][5][6] O ACE2 tamén serve como punto de entrada nas células dalgúns coronavirus.[1] A versión humana do enzima adoita coñecerse como hACE2 e o seu xene está situado no cromosoma X.
ACE2 | |||
---|---|---|---|
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Símbolo | ACE2 (HGNC: 13557) | ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. X p22.2 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
O ACE2 contrarresta a actividade do enzima convertedor da anxiotensina (ACE) relacionado ao reducir a cantidade de anxiotensina-II e incrementar a anxiotensina 1-7,[7] o que o converte nunha prometedora diana para o tratamento de doenzas cardiovasculares.[8][9]
O ACE2 é unha proteína de membrana de tipo I dun só paso a través da membrana, co seu dominio enzimaticamente activo exposto na superficie das células nos pulmóns e outros tecidos.[2] O dominio extracelular do ACE2 é clivado e separado do dominio transmembrana por outro enzima coñecido como sheddase, e a proteína soluble resultante libérase ao torrente sanguíneo e finalmente excrétase na urina.[10][11]
Como proteína transmembrana, o ACE2 serve como principal punto de entrada na célula para algúns coronavirus, como o HCoV-NL63,[1] SARS-CoV, o virus que causa o SARS,[12][13][14] e o SARS-CoV-2,[15] o virus que causa a COVID-19.[16][17][18][19]
Isto orixinou algunhas hipóteses sobre que o decrecemento dos niveis de ACE2 nas células, podería axudar a loitar contra a infección. Por outra parte, o ACE2 mostrou ter un efecto protector contra lesións pulmonares inducidas polo virus ao incrementar a produción do vasodilatador anxiotensina 1-7.[20] Ademais, de acordo cos estudos realizados en ratos, a interacción da proteína da espícula do coronavirus co ACE2 induce unha caída nos niveis de ACE2 nas células por medio da internalización e degradación da proteína e así pode contribuír aos danos pulmonares.[20][21]
Tanto os inhibidores de ACE coma os bloqueantes do receptor de anxiotensina que se utilizan para tratar a presión arterial alta mostraron en estudos feitos en roedores que regulan á alza a expresión do ACE2 e así poden afectar a gravidade das infeccións por coronavirus.[22][23] Porén, moitas sociedades profesionais e corpos regulatorios recomendaron continuar coa terapia estándar de inhibidores de ACE e bloqueantes do receptor da anxiotensina.[24][25][26] Unha revisión sistemática e a metaanálise publicada o 11 de xullo de 2012, encontraron que o "uso dos inhibidores do ACE estaba asociado cunha significativa redución do 34% do risco de pneumonía comparado cos controis." e "O risco de pneumonía estaba tamén reducido en pacientes tratados con inhibidores de ACE que estaban nun risco maior de ter pneumonía, en particular aqueles que tiñan infartos e insuficiencia cardíaca. O uso de inhibidores de ACE estaba tamén asociado coa redución na mortalidade relacionada coa pneumonía, aínda que os resultados eran menos robustos que o risco global de pneumonía."[27]
O ACE2 humano recombinante (rhACE2) suponse que é unha boa terapia nova para a lesión pulmonar aguda, e parece mellorar a hemodinámica pulmonar e a saturación de oxíxeno en bácoros cunha síndrome de disfunción respiratoria aguda inducida por lipopolisacáridos.[28]
A vida media do rhACE2 nos seres humanos é dunhas 10 horas e o comezo da acción é de 30 minutos ademais do curso do efecto (duración) de 24 horas.[28]
Varios descubrimentos suxiren que o rhACE2 pode ser un fármaco prometedor para os que teñen intolerancia aos inhibidores do sistema renina-anxiotensina clásicos (inhibidores de RAS) ou en doenzas nas que a anxiotensina II circulante é elevada.[28]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.