madeira escura de alta calidade From Wikipedia, the free encyclopedia
O ébano (Diospyrus ebenum) é unha árbore asiática do xénero Diospyrus, da familia das ebenáceas propia de zonas tropicais caracterizado por ter o tronco groso, copa ancha, froitos en forma de baga e madeira de cor negra, moi dura e resistente[1]
Ébano | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Fornece unha madeira do mesmo nome dura e máis ou menos escura, empregada en ebanistaría[2].
Por extensión falamos da cor ébano cando queremos falar da cor negra, intensa e brillante.
O termo galego-portugués ébano vén do latín ebĕnus, e este do grego ἔβενος. A palabra ebanista/ebanistaría ten a orixe na persoa que traballa o ébano así coma outras madeiras finas.
É unha árbore moi vizosa que pode acadar os 10 ou 12 m de altura. Ten follas miúdas e polo xeral é moi espiñenta; cada espiño pode chegar a medir 2 cm de longo. Acada o seu pleno crecemento en 5 a 6 anos, posúe talos moi grosos e o seu toro úsase en ebanistaría polo duro da madeira (de feito o temo ebanista vén da persoa que traballa o ébano así coma outras madeiras finas). Produce un froito en forma de vaíña comestíbel que garda no seu interior de 6 a 12 sementes chamadas maguacatas ou mahuacatas. Estas son de cor café escuro cando están maduras. As vaíñas cando están ben chegadas caen da árbore e espallan as sementes polo chan permitindo a xerminación das mesmas. A semente cómese torrada, ten un sabor semellante ao pistacho. Noutrora usábanse coma laxantes naturais ao consumilas verdes.
É orixinaria da India e de Sri Lanka. Esta árbore está en risco extremo de se extinguir pola desforestación por parte dos campesiños para produción agrícola e uso da madeira.
Outra especie do mesmo xénero Diospyros crassiflora, o ébano de Gabón, (nativo do oeste de África), produce unha madeira semellante e de calidade tamén chamada de ébano. Esta especie africana é chamada “mpingo” en África Oriental, e “zebrawood” en Suráfrica: Dalbergia melanoxylon[3]. Outra especie tamén coñecida como ébano é Diospyros virginiana, americana e con plantacións no estado de Tamaulipas e Nuevo León en México, e ao Sur de Texas, nos Estados Unidos; porén esta última dá unha madeira de peor calidade. A especie Diospyros digyna é un parente achegado do ébano; de madeira tamén case negra e moi densa.
A madeira de ébano ten unha densidade aproximada de 1,5 t/m³ no momento da talla; posteriormente, cando seca, redúcese a 1,35 t/m³, máis de tres veces a densidade da madeira de piñeiro e máis de dúas veces a densidade da teca (Tectona grandis). É unha das madeiras máis duras e pesadas do mundo (non aboia na auga).
O ébano ten unha atractiva cor café escura con veas negras, que son predominantes e o seu aspecto é case negro. Atópase en preto de vinte países de África, dentro do triángulo comprendido entre Sudán, Angolae o Cabo Oriental en Suráfrica. Na maioría dos lugares medra coma un arbusto. Só medra coma árbore en certas partes do Mozambique, Tanzania, Zambia, e a República Democrática do Congo.
Os grandes toros poden acadar un diámetro de 6 dm; un tronco curto pesa entre 800-1000 kg. Troncos deste tamaño son escasos, pois se necesitan máis de 200 anos para lograr ditas dimensións. Esta madeira é un estándar para a fabricación de instrumentos de vento (clarinetes, óboes, cornos ingleses) e para múltiples partes de instrumentos de corda (diapasóns, clavecín e cordais de violíns, violoncello, contrabaixos etc.)
A súa valiosa madeira tamén se utiliza para a fabricación de mobles finos.
Diospyros ebenum foi descrita por J.Koenig ex Retz. e publicado en Physiographiska Sälskapets Handlingar 1: 176. 1776.[4]
Diospyros: nome xenérico que provén de (διόσπυρον) do grego Διός "de Zeus" e πυρός "gran", "trigo" polo que significa orixinalmente "gran ou froito de Zeus". Os autores da Antigüidade usaron o vocábulo con sentidos diversos: Teofrasto menciona un diósp¯yros –unha árbore con pequenos froitos comestíbeis de carabuña dura–, o que segundo semella é o lodoeiro (Celtis australis L., ulmáceas), e Plinio o Vello (27.98) e Dioscorides usárono con outro nome grego lithóspermon, de líthos = pedra e spérma = semente, e que habitualmente se identifica co Lithospermum officinale L. (boragináceas). Carl von Linné colleu o nome xenérico de Dalechamps, quen chamou ao Diospyros lotus "Diospyros sive Faba Graeca, latifolia".[5][6]
ebenum: epíteto latino que significa "de ébano".[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.