especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O lodoeiro ou lodón bravo (Celtis australis), é unha especie pertencente á familia Ulmaceae, aínda que algúns autores a inclúen nas Cannabaceae. En Galiza aparece soamente como ornamental, sendo común coma árbore de beirarrúa.
Lodoeiro | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
lodoeiro (Celtis australis) en Otto Wilhelm Thomé Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885 | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Celtis australis L. Sp.Pl., 2: 1043, 1753 |
A RAG recolle os termos lodoeiro e lodón[1]. A publicación Termos esenciais de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela recolle ademais o termo virgondoiro e a variante dialectal lidueiro. Nalgúns vocábulos aparece como lamigueiro, pero cómpre non confundilo coas árbores do xénero Populus, tamén chamados chopos.
É unha árbore caducifolia que pode chegar a medir entre 20 e 25 metros de altura, de tronco recto e casca cinsenta e lisa, semellante á da faia, sen fendas ou engurras; posúe unha copa arredondada e larga. As follas, de 5 a 15 cm de longo, son alternas, pecioladas e de forma ovo-lanceoladas e delicadamente serradas, con dentes de punta máis clara; a face é de cor verde escura algo pubescente e o envés, de cor máis clara con pilosidade nos nervios. Ten estípulas caedizas.
As flores pentámeras son inconspicuas, pois non teñen pétalos e o único periantio está formado por 5 sépalos caducos; son de cor amarela verdosa. O froito, é comestíbel e de sabor agradábel; é unha drupa carnosa de arredor dun centímetro de diámetro, case negro por fóra e amarelo no miolo cando está ben chegado, cunha carabuña do tamaño dun gran de pementa. Medra solitario sobre longos pedúnculos nas axilas das follas.
Florea entre marzo e abril, e os seus froitos chegan a fins do verán e polo outono.
Medra en cavorcos, abas e nas bandas máis afastadas das orelas de ríos e regueiros, sendo citado coma especie dos bosques de ribeira mediterráneos, formacións de lamigueiros hidrófilas e de ulmeiros[5], sempre de climas temperados. Non adoita formar bosques, aparecendo xeralmente illado sobre solos soltos e frescos, incluso pedrentos, independentemente da súa natureza calcaria ou silícea.
Nativo da Conca Mediterránea e Europa central, até altas latitudes[6]. Naturalizado e/ou cultivado no resto do mundo.
Está moi estendido na rexión mediterránea e o suroeste de Asia, empregándose acotío coma árbore ornamental en parques e xardíns, e na aliñación de rúas pola súa tolerancia á contaminación. Tense usado tradicionalmente, por mor á boa relación peso-resistencia que ten a súa madeira, para facer certas ferramentas agropecuarias como angazos, forcas e as súas raíces para elaborar pipas para fumar.
Na Península Ibérica é relativamente frecuente en toda a vertente mediterránea, Andalucía e Estremadura. En Galiza é máis común coma ornamental.
Reprodúcese tanto por semente como por esgallo, e a súa capacidade para se establecer sobre solos predrentos faino moi útil en traballos de restauración e suxeición de terreos degradados. Del aliméntanse as larvas do lepidóptero Hestina persimilis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.