Zürich
cidade suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
cidade suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
Zürich,[1][2] ou Zúric,[3][4][5][6][7][8][9] (en alemán: Zürich, en latín Turicum) é unha cidade suíza de 402.762 habitantes, segundo datos de decembro de 2016 (1,3 millóns no contorno urbano). É a cidade máis grande do país, e é a capital do cantón homónimo. Está dividida en 12 distritos (Kreise en alemán).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Cantón de Zürich | ||||
Distrito | Distrito de Zurique (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | District 10 (en) District 11 (en) District 2 (en) District 6 (en) District 7 (en) District 9 (en) Kreis 1 (en) Kreis 12 (en) Kreis 3 (en) Kreis 4 (en) Kreis 5 (en) Kreis 8 (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 447.082 (2023) (5.087,41 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 87,88 km² | ||||
Bañado por | lago de Zürich, Limmat (en) , Sihl (en) , Lago Katzensee (pt) e Glatt (en) | ||||
Altitude | 408 m | ||||
Comparte fronteira con | Adliswil (pt) Zollikon (pt) Wallisellen (pt) Fällanden (pt) Oberengstringen (pt) Kilchberg (pt) Uitikon (pt) Urdorf (pt) Schlieren (pt) Dübendorf (pt) Stallikon (pt) Maur (pt) Regensdorf (pt) Opfikon (pt) Rümlang (pt) | ||||
Creación | século II | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Corine Mauch (pt) (2009–sen valor) | ||||
Órgano lexislativo | Zurich City Parliament (en) , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8000, 8001, 8002, 8003, 8004, 8005, 8006, 8008, 8032, 8037, 8038, 8041, 8044, 8045, 8046, 8049, 8050, 8051, 8052, 8053, 8055, 8057, 8063, 8064, 8031, 8010, 8012, 8017, 8022, 8024, 8027, 8034, 8036, 8040, 8042, 8047, 8048, 8060, 8070, 8087, 8088, 8090, 8091, 8098 e 8092 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 043 e 044 | ||||
Código de municipio suízo | 0261 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Páxina web | stadt-zuerich.ch | ||||
Zürich sitúase no límite setentrional do lago de Zürich, onde o río Limmat abandona o lago. Un pouco máis ao norte, no maior parque da cidade, o Platzspitz, o río Sihl, procedente do suroeste, desauga no Limmat.
No oeste da cidade esténdese o val do Limmat. Ao norte, Zürich crece sobre os montes Zürichberg e Käferberg, até chegar ao val do Glatt. No límite oriental encóntranse os montes Adlisberg e Uetliberg. A superficie do municipio é de 91,9 km².
Os concellos que limitan con Zürich son: Kilchberg, Adliswil, Stallikon, Birmensdorf, Uitikon, Schlieren, Oberengstringen, Regensdorf, Rümlang, Opfikon, Wallisellen, Dübendorf, Fällanden, Maur e Zollikon.
A cidade ten 7.000 anos de historia de asentamentos ininterrompidos documentados. Como cidade foi fundada polos romanos no ano 15 a.C., co nome de Turicum. Na Idade Media gañou o privilexiado status feudal de inmediación imperial, co cal o Sacro Imperio Romano Xermánico distinguía a certas cidades ou entidades baixo o seu dominio.
Zürich xogou un papel clave na Reforma protestante, ao ser a orixe e centro da mesma na Suíza xermanofalante baixo o liderado de Ulrich Zwingli, quen viviu na cidade dende 1484 ata o seu pasamento, acontecido en 1531 e que foi o autor da versión da Biblia coñecida co nome de Biblia de Zúric. A reforma deu lugar a profundas mudanzas civís en todo o cantón.
Chegou a ser a capital do Estado no bienio 1839-40 e foi accidentalmente bombardeada durante a segunda guerra mundial.
Zürich é o centro comercial, económico e financeiro do país helvético. Compañías como USB, Credit Suisse, Swiss Re e moitas outras institucións financeiras (sobre todo bancos e aseguradoras) teñen as sedes centrais nesta cidade. O sector financeiro achega máis da cuarta parte da actividade económica da cidade, favorecida pola lexislación nacional de secreto bancario. A Bolsa de Suíza (SWX Swiss Stock Exchange) tamén está localizada en Zúric.
A cidade é un centro financeiro de primeiro nivel mundial e repetidas veces foi proclamada cidade con mellor calidade de vida no mundo.
Por outra banda, o nivel de desemprego en Zürich era do 3,4% (en 2013).[10] Ao redor dun 4% da poboación (15.500 persoas) vivían directa ou indirectamente do subsidio do estado (abril de 2005).[11]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Segundo datos recentes, 32% dos habitantes da cidade non posúen a cidadanía suíza[12]. Os cidadáns alemáns constitúen o grupo estranxeiro máis numeroso de Zürich con 33.579 habitantes, seguido por italianos con 15.080 habitantes e portugueses con 7.826 habitantes.[13]. Con todo, a área metropolitana (incluídas as cidades de Winterthur, Baden, Brügg, Schaffhausen, Frauenfeld, Uster/Wetzikon, Rapperswil-Jona e Zug) teñen unha poboación conxunta de ao redor de 1,68 millóns de habitantes.[14]
O idioma oficial empregado polo goberno e a maior parte da prensa é o alemán, mentres que o dialecto máis comunmente falado en Zürich é o Zürichdeutsch (alemán de Zúric), que é un dialecto do alemán de Suíza. O alemán é a lingua materna do 77% da poboación. O italiano é a segunda lingua nativa máis común, representando o 4,7% da poboación. Outras linguas con presenza relevante son o albanés (3,6%), linguas da antiga Iugoslavia 2,4% (inclúe serbio, croata, macedonio e esloveno), español (2,2%), francés (2,1%), inglés (1,8%) e portugués (1,6%)[15]
No tocante á relixión, dende a reforma de Ulrich Zwingli, Zürich permaneceu como centro do Protestantismo en Suíza. Porén, no século XX os católicos consagráronse coma o meirande grupo relixioso da cidade, cun 33,3%, mentres que o número de habitantes que se declaran non relixiosos non para de medrar (un 16,8% en 2000).[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.