Xoán I de Galiza e León, nado en Sevilla cara a 1262 e finado en Pinos Puente (reino de Granada) o 25 de xuño de 1319, foi un fillo de Afonso X o Sabio e da raíña Violante de Aragón e Hungría.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaXoán I de Galiza e León
Thumb
Sepulcro na Catedral de Burgos
Biografía
Nacemento1262 Editar o valor en Wikidata
Sevilla Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xuño de 1319 Editar o valor en Wikidata (56/57 anos)
Pinos Puente (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCapilla Mayor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rexente
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaría Díaz de Haro
Margaret of Montferrat
FillosJuan de Haro (en) Traducir
 () María Díaz de Haro (en) Traducir
Alfonso, Lord of Valencia de Campos (en) Traducir
 () Margaret of Montferrat (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso X o Sabio Editar o valor en Wikidata  e Violante de Aragón Editar o valor en Wikidata
IrmánsBeatriz de Castela (pt) Traducir, Berenguela de Castela, Violante de Castela (pt) Traducir, Beatriz de Castela I (pt) Traducir, Sancho IV de Castela, Pedro de Castela (pt) Traducir, Fernando de La Cerda (pt) Traducir, Jaime de Castela (pt) Traducir, Alfonso Fernández el Niño (en) Traducir, Constança de Castela (pt) Traducir e Leonor de Castela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Thumb Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Apoiado polo Rei Dinís I de Portugal, o infante Xoán aspirou á coroa de Castela, Galiza e León na hora da morte do seu pai Afonso X. Coroa que foi usurpada finalmente polo seu irmán Sancho IV en disputa tamén cos partidarios dos fillos do falecido herdeiro dos reinos Fernando de la Cerda. Derrotado, Xoán fuxiu o exilio, regresando na hora da morte de Sancho no 1295[1].

Foi nomeado titor do seu sobriño Fernando IV, e argumentando que o matrimonio de Sancho IV e a súa prima María de Molina non era válido por consanguinidade, erixiuse en cabeza de importantes grupos nobiliarios que o coroaron rei de Galiza, León e Sevilla no ano 1296[2]. A coroación de Xoán I expresa a vontade dos núcleos reitores da sociedade galega por contar cun reino de seu, arredado de Castela e achegado a Portugal. O apoio do Rei Dinís I e dos tres Adiantados Maiores que tivo o reino galego no período: Xoán Afonso de Alburquerque, Fernando Rodríguez de Castro e Paio Gómes Chariño, así o testemuñan[3]. A implicación da coroa portuguesa no proxecto contou mesmo coa conformidade do seu consello de estado e foi negociado na vila de Mota por Rodrigo Álvarez Osorio e o propio Dinís I[4]. Malia a este apoio, o rei Xoán viuse obrigado a pactar a renuncia ao título rexio no ano 1301.

Posteriormente, en 1312, tras a morte de Fernando IV, foi nomeado titor de Afonso XI. Señor de Valencia de Campos e señor consorte de Biscaia polo seu matrimonio con María Díaz de Haro. Foi ademais señor de Baena, Luque, Zuheros, Lozoya, Villalón, Oropesa, Santiago de la Puebla, Melgar de Arriba, Paredes de Nava, Medina de Rioseco e Castronuño, ademais de ser alférez do rei durante os períodos comprendidos entre 1277-1278 e 1283-1284. Morreu no Desastre de la Vega de Granada, acaecido o 25 de xuño de 1319.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.