Xogos Olímpicos de 2004
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os XXV Xogos Olímpicos de Atenas celebráronse do 13 de agosto ao 29 de agosto de 2004. Durante 17 días xuntaron a delegados de 202 países e máis de 11.000 atletas.
Nome oficial | Spiller vun der XXVIII. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Mascota | Athena e Phevos (pt) |
Organizador | Athens Organizing Committee for the Olympic Games (en) |
Composto por | Badminton nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 Esgrima nos Xogos Olímpicos de 2004 Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 + ../... 36 |
Número de participantes | 201 10.625 |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 301 |
Localización | Estádio Olímpico de Atenas (pt) (Amarusio Municipality (en) ) Atenas (Município de Atenas (pt) ) |
País | Grecia |
Intervalo de tempo | 13 de agosto de 2004 – 29 de agosto de 2004 |
Número de edición | 28 (2004) |
Aberto oficialmente por | Konstantinos Stephanopoulos (pt) |
Xuramento feito por | Zoi Dimoschaki (pt) Lazaros Voreadis (pt) |
Facho acendido por | Nikolaos Kaklamanakis (pt) |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
As súas mascotas oficiais foron Atenea (Αθηνα) e Febo (Φοίβος), chamados así en hora da deusa Atenea e do seu irmán Apolo, antigos protectores da cidade.
O símbolo do evento foi a coroa de loureiro, dado o seu significado na Grecia antiga e nos seus primeiros Xogos Olímpicos.
Despois dun difícil período de controversias sobre e capacidade de Grecia de realizar os Xogos, causado polo atraso nas obras planeadas pola organización do evento, Atenas contou cunha popularidade nunca antes observada nos Xogos Olímpicos. Tivo un seguimento masivo a través dos medios de comunicación.
Tras perder os Xogos Olímpicos do Centenario ante a estadounidense Atlanta, Atenas viuse inmersa nun proceso para ser elixida como sede dos Xogos Olímpicos. En setembro de 1997, en Lausana, Suíza, un ano despois de Atlanta 1996, Atenas superou á cidade de Roma, Italia, por 66 votos contra 41, sendo elixida para celebrar os Xogos da XXVIII Olimpíada. Cidade do Cabo en Suráfrica, Estocolmo en Suecia e Buenos Aires na Arxentina, foron eliminadas en roldas previas.
106º Sesión do Comité Olímpico Internacional 5 de setembro de 1997, Lausana, Suíza | |||||||
Cidade | País | Votación | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Atenas | Grecia | 32 | - | 38 | 52 | 66 | |
Roma | Italia | 23 | - | 28 | 35 | 41 | |
Cidade do Cabo | Suráfrica | 16 | 62 | 22 | 20 | - | |
Estocolmo | Suecia | 20 | - | 19 | - | - | |
Buenos Aires | Arxentina | 16 | 44 | - | - |
A cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos realizouse o 13 de agosto de 2004, no Estadio Olímpico de Atenas, ante máis de cen mil espectadores. Logo dunha introdución sobre o carácter marítimo de Grecia, a cancha principal encheuse con auga simulando unha gran piscina. Desde este gran lago xurdiron en lapas os cinco aneis olímpicos dando inicio a unha enorme posta en escena de centos de actores en carros alegóricos relatando a historia de Grecia, contando desde a mitoloxía antiga ata os tempos actuais.
A parada de nacións xuntou 11.000 atletas representando a 201 comités olímpicos, baixo a música do neerlandés DJ Tiësto. A delegación de Afganistán, ausente nos Xogos Olímpicos desde a chegada do movemento talibán ao poder, foi calorosamente recibida do mesmo xeito que a delegación iraquí; pola contra, a delegación dos Estados Unidos foi recibida entre apupos como forma de rexeitamento á actuación dese país na Guerra de Iraq. As delegacións das dúas Coreas marcharon xuntas de xeito simbólico dado que as súas delegacións participan de xeito separado. Kiribati marchou por vez primeira, tras ser aceptada no Comité Olímpico, mentres que os representantes de Timor Oriental marcharon por vez primeira baixo a súa bandeira. A cantante islandesa Björk cantou ao final da cerimonia, antes do acendido da chama olímpica.
A cerimonia deuse por finalizada tralo aceso da chama olímpica, polo medallista de windsurf dos Xogos Olímpicos de 1996, Nikolaos Kaklamanakis.
Os xogos finalizaron o 29 de agosto. A cerimonia de clausura foi realizada no Estadio Olímpico de Atenas onde se inauguraron 16 días antes. Estímase que uns 70.000 espectadores asistiron á cerimonia de clausura.
A cerimonia iniciouse coa participación de músicos gregos, entre eles Haris Alexiou, Elefthería Arvanitáki, Dimitra Galani, Giórgos Ntaláras e Sakis Rouvas; ao mesmo tempo miles de actores realizaban actuacións con bastante humor no terreo do estadio. Acto seguido, realizouse a entrega de premios do último evento dos xogos, o maratón masculino.
A continuación cada país participante viuse representado por un atleta que portaba a súa respectiva bandeira, seguidos do resto dos atletas con todas as delegacións mesturadas.
Logo dos discursos de clausura, escoitáronse os himnos de Grecia e da China. O alcalde de Atenas pasou a bandeira olímpica ao alcalde de Pequín. Logo dunha curta presentación de actores chineses declaráronse oficialmente clausurados os Xogos Olímpicos de Atenas 2004.
|
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | EUA | 36 | 39 | 27 | 102 |
2 | China | 32 | 17 | 14 | 63 |
3 | Rusia | 27 | 27 | 38 | 92 |
4 | Australia | 17 | 16 | 16 | 49 |
5 | Xapón | 16 | 9 | 12 | 37 |
6 | Alemaña | 13 | 16 | 20 | 49 |
7 | Francia | 11 | 9 | 13 | 33 |
8 | Italia | 10 | 11 | 11 | 32 |
9 | Corea do Sur | 9 | 12 | 9 | 30 |
10 | Gran Bretaña | 9 | 9 | 12 | 30 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.