From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio ao Xogador Máis Deportivo da NBA (NBA Sportsmanship Award ou Joe Dumars Trophy, por ser o primeiro gañador) é nomeado cada ano pola NBA dende 1996 ao jugador máis deportivo, de mellor conduta e máis honrado na pista. Este premio é comparábel ao Trofeo Lady Byng da NHL.
Cada ano, os 30 equipos da NBA nominan a un dos seus xogadores para competir polo galardón. Deses 30, 6 xogadores, un por división, son seleccionados por un grupo coma os Xogadores Máis Deportivos da división. Ao final da tempada regular, os xogadores da NBA realizan o seu voto; 11 puntos polo primeiro posto, 9 polo segundo, 7 polo terceiro, 5 polo cuarto, 3 polo quinto e un polo sexto. O xogador con maior suma de puntos totais, sen importar os votos de primeiro posto, é o gañador do premio. O vencedor recibe o Trofeo Joe Dumars, nomeado en honor ao ex xogador de Detroit Pistons e gañador inaugural do premio.
Nos seus 12 anos de historia, só Grant Hill gañouno en máis dunha ocasión, mentres que dous equipos teñen a varios xogadores como gañadores deste trofeo (San Antonio Spurs tres veces e Seattle SuperSonics en dúas ocasións). Luol Deng é o único estranxeiro desta lista.
Xogador en activo | |
Elixido no Basketball Hall of Fame | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.