universidade italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Padua (en italiano Università degli Studi di Padova, UNIPD) está en Padua, Italia. Foi creada en 1222. É unha das universidades europeas máis antigas e a segunda máis antiga de Italia. En 2003, a universidade tiña uns 65.000 estudantes.
Universidade de Padua | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Padua, Véneto |
Fundación | 1222 |
Datos actuais | |
Alumnos | 65000 |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adóitase dicir que a universidade foi fundada en 1222 cando un gran grupo de estudantes e profesores deixou a Universidade de Boloña. Fixérono para buscar máis liberdade académica ('Libertas scolastica').[1] As primeiras materias que se impartiron foron dereito e teoloxía. O currículo foise agrandando rapidamente, e en 1399 a institución dividiuse en dous: a Universitas Iuristarum de dereito civil e dereito canónico, e unha Universitas Artistarum que ensinaba astronomía, dialéctica, filosofía, gramática, medicina e retórica.
Esta universidade historicamente foi unha das máis prominentes no desenvolvemento da educación superior en Europa. Durante a súa historia, a universidade acolleu a importantes figuras como Galileo Galilei, que ensinou na universidade no século XVI, e Nicolao Copérnico, alumno desta institución.
Desde 1545, a universidade ten como sede principal o Palazzo Bo,[2] que antes era propiedade dun carniceiro, polo que tivo como símbolo a cabeza dun boi.
Padua foi a primeira universidade en darlle un título académico a unha muller, Elena Lucrezia Cornaro Piscopia, que obtivo a súa licenciatura en filosofía o 25 de xuño de 1678.[3]
O xardín botánico de Padua, aberto ao público en 1545, é o segundo do mundo (despois do de Pisa, inaugurado en 1544, aínda que a localización deste último cambiou co paso do tempo). A universidade tamén xestiona nove museos, entre os que se atopa o Museo de Historia da Física.[4]
Desde 1595, o famoso Teatro Anatómico de Padua atraeu a artistas e científicos que estudaron o corpo humano durante as diseccións públicas.[5] É o anfiteatro anatómico permanente máis antigo de Europa. O anatomista Andreas Vesalius publicou en 1543 De Humani Corporis Fabrica.[6] O libro espertou un gran interese público polas diseccións e provocou que outras cidades europeas estabelecesen teatros anatómicos.
En 1943 o reitor Concetto Marchesi convidou publicamente aos estudantes a rebelarse e loitar contra o fascismo, acción que o obrigou a fuxir a Suíza. Polas súas actividades nas loitas de liberación contra o nazifascismo, a Universidade de Padua é a única en Italia en recibir a medalla de ouro ao valor militar.[7]
Nos últimos anos, a Universidade foi capaz de facer fronte aos problemas de masificación redistribuíndo todo o seu complexo universitario sobre o Véneto. En 1990 naceu o Instituto de Enxeñería en Vicenza e en 1995 o Agripolis no centro de Legnaro.[8]
A Universidade de Padua é consistentemente clasificada como unha das mellores universidades de Italia e de Europa, tanto nas ciencias como nas humanidades. A súa excelencia académica e a súa contribución á investigación son amplamente recoñecidas a nivel mundial en ránkings de impacto universitario como Times Higher Education, ANVUR, QS 2020, etc.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.