etapa educativa From Wikipedia, the free encyclopedia
A expresión educación superior (ou ensino superior, estudos superiores) refírese ao proceso, os centros e as institucións educativas que están despois da educación secundaria ou media.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Sistema educativo español |
---|
Réxime xeral |
Réxime especial |
|
Nela pódese obter unha titulación superior (ou título superior).
Polo xeral o requisito de ingreso a calquera centro de ensino superior é ter 18 anos como mínimo, o que supón que se completaron a educación primaria e a educación secundaria antes de ingresar.
É común que existan mecanismos de selección dos postulantes baseados no rendemento escolar da secundaria ou exames de selección. Segundo o país, estes exames poden ser de ámbito estatal, local ou universitario. Noutros sistemas, non existe ningún tipo de selección.
Cómpre salientar tamén que cada vez máis institucións de ensino superior permiten, ou mesmo animan, o ingreso de persoas adultas sen que tiveran necesariamente éxito na educación secundaria; isto aplícase especialmente ás universidades abertas.
A preparación que ofrece a educación superior é de tipo profesional ou académica. Distínguese entre estudos de pregrao, grao (carreira universitaria) e posgrao (mestrado e doutoramento) segundo o sistema de titulación profesional e graos académicos. Os establecementos de educación superior foron tradicionalmente as universidades, pero ademais considéranse outros centros educativos coma institutos, escolas profesionais ou escolas técnicas, centros de formación do profesorado, escolas ou institutos politécnicos etc. (as denominacións dependen do sistema educativo do país en particular).
Unha función importante, á parte do ensino, na educación superior son as actividades de investigación nos distintos niveis do saber. Outra importante función é a que corresponde a actividades de extensión, nas que se procura a participación da poboación e vólcanse cara a ela os resultados.
O papel xogado pola educación superior na sociedade cambia segundo a cultura do país; por exemplo, en moitos países do sur de Europa enténdese que o estudante vai á universidade para obter un diploma que lle asegurará un bo traballo, mentres que en varios países do norte de Europa o período de estudos á universidade é tamén un momento no que o estudante aprende a ser autónomo emocional e economicamente, aprende a se mesturar con xente de diferentes orixes, e se desenvolve como persoa. Nestes países, o estudante estuda nunha cidade máis ben lonxe do seu pobo natal.
O ensino superior en España, o a ensinanza universitaria en España está regulada por:
Por outra parte, o Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, que entrou en vigor o día seguinte á súa publicación no BOE, establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais concretando a progresiva harmonización dos sistemas universitarios exixida polo proceso de construción do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), iniciado en 1999 coa Declaración de Boloña e a conseguinte interacción operada entre tales sistemas polas diversas normativas nacionais sucesivamente promulgadas, que dotou dunha dimensión e dunha axilidade sen precedentes ao proceso de cambio emprendido polas universidades europeas. Segundo esta estrutura divídese a ensinanza universitaria en graos, mestrado (ou máster),[4] [5] e programas de doutoramento.
Os títulos oficiais de Educación Superior (incluída a formación profesional) toman como medida da carga lectiva o crédito.[6] Os créditos identifícanse coa sigla ECTS que se correspondente a European Credit Transder System (Sistema Europeo de Transferencia de Créditos) e é o sistema adoptado por todas as universidades do Espazo Europeo de Educación Superior para garantir a homoxeneidade, a calidade, a equivalencia, a transferencia e o recoñecemento dos estudos que ofrecen.[7]
A Lei Orgánica 3/2020 de Educación establece que o terceiro grao da formación profesional (grao superior), que dá acceso ao título de Técnico Superior de Formación Profesional, é educación superior. Por tanto, hai títulos de educación superior non universitarios.
Antes do Real Decreto de 2007, a ensinanza universitaria organizábase da seguinte maneira:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.