O tiosulfato (S
2
O2−
3
) é un oxianión de xofre.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Tiosulfato
Thumb
Thumb
Identificadores
Número CAS 14383-50-7
PubChem 1084
ChemSpider 1054
ChEBI CHEBI:16094
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular S
2
O2−
3
Masa molecular 112,13 g·mol−1
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Pechar

O prefixo tio- indica que o ión tiosulfato é un ión sulfato cun dos seus átomos de oxíxeno substituído por xofre. O tiosulfato ten unha forma molecular tetraédrica con simetría C3v. O tiosulfato aparece de forma natural e prodúcese ou utilízase en certos procesos bioquímicos. Serve para desclorar rapidamente a auga e é notable polo seu uso para deter o branqueamento na industria papeleira. Tamén é útil para fundir a mena de prata, na produción de artigos de coiro, e para estabilizar tinguiduras en produtos téxtiles.

O tiosulfato de sodio, comunmente chamado hipo (de "hiposulfito"), foi amplamente utilizado en fotografía para fixar os negativos en branco e negro e as impresións despois da etapa de revelado; os fixadores modernos 'rápidos' usan como sal fixador o tiosulfato de amonio porque actúa tres ou catro veces máis rápido.[2]

Algunhas bacterias poden metabolizar os tiosulfatos; por exemplo pode utilizarse como doante de electróns na fotosíntese anoxixénica, e a maioría das bacterias redutoras de sulfato poden reducir tamén o tiosulfato; igualmente, as arqueas Pyrolobus poden usalo como aceptor de electróns.[3]

Formación

O tiosulfato prodúcese por reacción do ión sulfito con xofre elemental, e pola oxidación incompleta de sulfuros (oxidación da pirita). O tiosulfato de sodio pode formrse por desproporcionación do xofre disolvéndoo en hidróxido de sodio (similar ao fósforo).

Reaccións

Os tiosulfatos son estables só en solucións neutras ou alcalinas, pero non en solucións ácidas, debido á desproporcionación do sulfito e xofre, na que o sulfito se deshidrata a dióxido de xofre: O

S
2
O2−
3
(aq) + 2 H+ (aq) → SO2 (g) + S (s) + H2O (l)

Esta reacción pode utilizarse para xerar unha suspensión acuosa de xofre e demostrar a dispersión de Rayleigh da luz en física. Se a luz branca incide desde abaixo, vese luz azul desde os lados e laranxa desde arriba, debido aos mesmos mecanismos que lle dan cor ao ceo a mediodía e ao solpor.[4]

Os tiosulfatos reaccionan cos halóxenos diferentemente, o cal pode atribuírse á diminución do poder de oxidación conforme baixamos no grupo dos halóxenos da táboa periódica:

2 S
2
O2−
3
(aq) + I2 (aq) → S
4
O2−
6
(aq) + 2 I (aq)
S
2
O2−
3
(aq) + 4 Br2 (aq) + 5 H2O(l) → 2 SO2−
4
(aq) + 8 Br (aq) + 10 H+ (aq)
S
2
O2−
3
(aq) + 4 Cl2 (aq) + 5 H2O (l) → 2 SO2−
4
(aq) + 8 Cl (aq) + 10 H+ (aq)

En condicións ácidas, o tiosulfato causa a rápida corrosión dos metais; o aceiro e o aceiro inoxidable son especialmente sensibles á corrosión alveolar inducida polo tiosulfato. Cómpre a adición de molibdeno ao aceiro inoxidable para mellorar a resistencia a este tipo de corrosión (AISI 316L hMo). En condicións acuosas alcalinas e temperaturas medias (60 °C), o aceiro ao carbono e o aceiro inoxidable (AISI 304L, 316L) non son atacados, mesmo a altas concentracións de bases (30%w KOH), tiosulfato (10%w) e en presenza de ión fluoruro (5%w KF).

A presenza natural do grupo tiosulfato está practicamene restrinxida a un mineral moi raro, a sidpietersita, Pb4(S2O3)O2(OH)2,[5][6] xa que a posible presenza deste anión tamén no mineral bazhenovita foi recentemente posta en discusión.[7]

O tiosulfato forma moitos complexos con metais de transición, xa que un dos seus usos comúns é disolver haluros de prata no revelado de películas fotográficas.[8] O tiosulfato utilízase tamén para extraer ouro lixiviado (tiosulfato de sodio) e prata das súas menas minerais como unha alternativa menos tóxica que o cianuro.[9][10]

Nomenclatura

O termo tiosulfato é unha denominaci´`on aceptable como nome común (e o que case sempre se usa) para este composto; o nome de substitución funcional da IUPAC é sulfurotioato; o nome aditivo sistemático da IUPAC é trioxidosulfurosulfato(2−) ou trioxido-1κ3O-disulfato(SS)(2−).[1] O xofre externo ten un estado de oxidación de –2 (−II), mentres que o átomo de xofre central ten un número de oxidación de +6 (+VI).

Bioquímica

O encima rodanase cataliza a detoxificación do cianuro polo tiosulfato: CN + S
2
O2−
3
→ SCN + SO2−
3
.

O tiosulfato de sodio foi considerado un tratamento empírico para o envelenamento por cianuro, xunto coa hidroxocobalamina. É máis efectivo nunha instalación hospitalaria, xa que cómpre a administración inmediata por persoal de emerxencia para reverter a hipoxia intracelular rápida causada pola inhibición da respiración celular, no complexo IV.[11][12][13][14]

Activa o encima TST (tiosulfato xofre transferase) nas mitocondrias. A TST está asociada coa protección contra a obesidade e a diabetes tipo II (resistente á insulina).[15][16]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.