From Wikipedia, the free encyclopedia
Televés é unha empresa galega con sede en Conxo, Santiago de Compostela dedicada á investigación, deseño, fabricación e comercialización de equipos para a recepción e distribución do sinal de radio, televisión, telefonía, Internet e telecomunicacións. A empresa fundouse no ano 1958, cando a televisión en España acababa de comezar as súas emisións. Inicialmente, a empresa operou desde un pequeno obradoiro cun cadro de persoal de 10 traballadores.[3]. A facturación do seu primeiro ano foi de 400.000 pesetas[3].
Televés S.A. | |
---|---|
"European Technology Made in Europe" | |
Sede de Televés, Conxo. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1958 |
Matriz | Grupo Televés |
Localización | Rúa B. de Conxo, 17 15706 Conxo, Santiago de Compostela, (A Coruña) Galicia |
Fundador | Ricardo Bescansa Amador Beiras José Gabriel Barreiro |
Persoas clave | Ramón Bescansa |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Electrónica Telecomunicacións DVB |
Beneficio | 177 millóns de euros (2016)[1] |
Número de empregados | 757 (en todo o grupo)[2] |
Na rede | |
http://www.televes.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2015, a Corporación Televés agrupa máis de 20 filiais cuns 700 traballadores, cunha cifra de vendas de 150 millóns de euros en 90 países, que procede nun 60% das vendas no estranxeiro[4]. Dende o ano 1995 forma parte do DVB, un consorcio internacional de empresas que crea e mantén un conxunto de estándares relacionados coa televisión dixital.[5] Televés é unha das tres empresas máis grandes do sector en Europa.[6]
As orixes de Televés están nunha viaxe a Lisboa de Ricardo Bescansa Martínez (1912-1986), licenciado en farmacia. Alí descubriu a televisión e soubo ver as súas posibilidades de negocio. En 1955 xunto con Amador Beiras axente comercial e Domingo Carrascal enxeñeiro industrial[7] iniciou probas con antenas na rúa Montero Ríos e tres anos despois fundan Televés en Santiago de Compostela[8].
Laranxa Televés
|
Nos anos 1950 o nome da empresa eran as iniciais dos apelidos dos tres fundadores da empresa, os tres empezaban por b. O nome da empresa era entón TresB. A nova dirección da empresa trocou ese nome por outro máis identificado co sector. Pasouse de Tresbés, un logo en forma de rombo con tres bes maiúsculas a Televés[9]. Televés utiliza dende 1972 como imaxe de marca a cor laranxa, Pantone 137.[10] Anteriormente a cor empregada pola empresa era a negra. Nos anos 1990 Televés empregou como logotipo as inicias "TV" nun círculo, en cor negra. Nos últimos anos, coa internacionalización da empresa, deixou de empregar o nome con acento gráfico, pasando a utilizar o nome Televes e a cor laranxa como elementos identificativos de marca. En novembro de 2013 Televés publicou o seu manual de imaxe corporativa fixando as normas para o uso da súa marca por terceiros[11].
Dende a súa fundación, Televés dirixiuse aos instaladores como os seus principais clientes mantendo unha activa política de formación e difusión dos seus produtos. De 2006 a 2010 impartíronse cursos de formación e asistencias técnicas a instaladores e clientes.[12]
No ano 2009 Televés puxo en marcha o HDTV Tour, unha iniciativa para achegar a televisión dixital. Dende entón contan con camións que percorren Europa organizando demostracións da tecnoloxía da empresa para os técnicos instaladores e distribuidores.[13]
A gama de produtos de Televés inclúe tanto os produtos para facer instalacións de telecomunicacións, como o software para o deseño da instalación e a elaboración dos cálculos necesarios, así como os equipos de medida para os axustes e certificacións. Entre os produtos que a empresa fabrica destacan os seguintes:
Televés solicitou no período de anos que vai do 2000 ata o 2012 un total de 40 solicitudes de patentes e 19 modelos de utilidade. O 80% dos produtos que comercializaba Televés nese período foron desenvolvidos con tecnoloxía propia.[15]
Dende 1958 Televés presentou os seus propios deseños baseados en I+D+i en tecnoloxía de telecomunicacións[16].
No ano 2000 Fagor Electrónica denunciou a Televés pola violación de varias patentes nas súas centrais amplificadoras Avant e Avant5. No ano 2010 pechouse o caso, resultando Televés absolto pola Audiencia Provincial da Coruña nunha sentenza ratificada polo Tribunal Supremo, polo Xulgado Mercantil nº 2 de Bilbao e pola Audiencia Provincial de Biscaia. A Corte Federal de Patentes de Alemaña tamén anulou unha das patentes concedidas a Fagor Electrónica.[22] Blu:sens foi denunciada por Televés e condenada en 2012 polo Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña pola elaboración e distribución dun catálogo en 2009 ao entender que infrinxía os dereitos de propiedade intelectual de Televés. Blu:sens tamén foi condenada ao pago de 123 euros de indemnización[23].
Dende a súa fundación, Televés integrou na súa organización todo o proceso produtivo creando un grupo de empresas colaboradoras que traballan tanto para a Corporación Televés como ofrecendo os seus servizos a outras empresas:[24]
En Galicia, Televés ten fábrica en Santiago de Compostela e un centro loxístico en Sigüeiro, Oroso, inaugurado no ano 2006 e ampliado posteriormente. En Portugal conta con outra fábrica no concello de Maia, Televés Electrónica Portuguesa, Ltda. Ten delegacións comerciais en Madrid, Barcelona e Las Palmas. Parte da produción de Televés faise na China, como sistemas ópticos ou receptores ópticos.
Televés ten delegacións comerciais en Portugal, Francia, Italia, Alemaña, Emiratos Árabes Unidos, China (Shanghai), Estados Unidos, Polonia, Suecia e o Reino Unido.[27] En 2014 abriu delegación comercial en Rusia[28].
Televés é membro numerario do proxecto Digital Video Broadcast (DVB) desde 1995 no desenvolvemento de tecnoloxía para a televisión dixital. A empresa participa noutras asociacións tecnoloxicas:
Televés ten certificacións:
Evolución das vendas do Grupo Televés dende 2002:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.