A comezos do século introdúcese o dromedario na África romana. A súa utilización permite restablecer relacións entre a África negra e a África do Norte.
Os misioneiros orientais introducen o cristianismo en Cartago, obtendo numerosas conversións entre as comunidades xudeas. A mediados de século os misioneiros proveñen de Italia. A fins de século a influencia do cristianismo esténdese até as vilas da Numidia ao tempo que comezan as primeiras perseguicións.
Esténdese o cultivo da viña e a oliveira por África do Norte en paralelo ao do trigo. Aumenta o número de cabalos, así como de bacas e ovellas. Daquí proveñen moitas das bestas selvaxes que se levan ao circo. Xorde o reino de Axum.
Asia
Dinastía Pugyei no Tíbet. A sociedade estrutúrase en clans dirixidos por señores independentes e aliados polo matrimonio. Nos Anais chineses Tíbet coñécese como Tufan.
Influencia helenística na arte búdica de Gandhara.
190 - 191: os señores da guerra de toda China lanza unha campaña contra Dong Zhuo.
América
Cultura moche na costa norte do Perú (100-700). Centrada no val do río Moche e de Chicana, ampliará máis tarde o seu territorio por conquista militar do val de Pascasmayo até os do río Santa e Nepena ao sul.
132: Zhang Heng da China inventa o primeiro sismógrafo para detectar a dirección cardinal dos terremotos.
Tolomeo compila un catálogo de todas as estrelas visibles a simple vista. Tamén escrebe tres dos libros máis influentes da historia occidental:Almaxesto,Tetrabiblos eGeographia.