Remove ads
provincia romana da península ibérica From Wikipedia, the free encyclopedia
A Cartaxinense (en latín: Carthaginensis ou Carthaginiensis) foi unha provincia romana e unha provincia eclesiástica na Península Ibérica que resultou da división da antiga provincia Tarraconense, situada no centro-sueste da Península Ibérica, con capital en Cartago Nova (Cartaxena).
Carthaginensis (la) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Rexión histórica | Hispania | ||||
Provincia romana | Tarraconense | ||||
Capital | Cartago Nova | ||||
Orixinalmente un dos conventus iuridicus da Tarraconense, a Cartaxinense foi separada por Diocleciano no 298 e subordinada á diocese de Hispania da prefectura pretoriana da Galia. Rexíase por un praeses que respondía ao vicario da diocese.
A mediados do século IV, posiblemente baixo Xuliano, o territorio das Illas Baleares separouse e pasou a ser Balearica, como provincia autónoma.
A provincia foi saqueada durante a invasión de vándalos, suevos e alanos no ano 409. A mediados do século V, a rexión foi finalmente anexionada polos visigodos, liderados polo rei Eurico, e pasou a formar parte do Reino visigodo.
A principios do século VI, as tropas bizantinas incorporaron ao dominio de Constantinopla en nome do emperador Xustiniano I a zona costeira da Cartaxinesa e parte da Bética, que comezou a formar unha nova provincia dende o actual Algarve ata o sur da actual provincia de Valencia, chamada Spania. Xustiniano cambiou o nome da capital por Cartago Espartaria e converteuna na capital da nova provincia.
Gran parte dos territorios bizantinos foron reconquistados de novo polo reino visigodo de Leovixildo. Cartago espartana resistiría uns anos máis, pero foi conquistada e destruída polo rei visigodo Suintila ao redor do 622.
A provincia desapareceu por completo no 711 cando os exércitos musulmáns invadiron a Península Ibérica.
Cando o Imperio Romano se converteu ao cristianismo, a Igrexa cristiá primitiva fíxose cargo da división provincial imperial.Deste xeito, as primeiras provincias eclesiásticas correspondían exactamente coas estruturas provinciais romanas existentes, incluída a provincia Cartaxinense, que exercía así a función de sé metropolitana sobre todos os bispados que existían no seu territorio. A coincidencia entre división política e división relixiosa existiu ata a caída do Imperio Romano de Occidente no ano 476. A mediados do século VI, a provincia eclesiástica cartaxinesa foi dividida politicamente en dúas: unha parte no centro da península controlada polo visigodos e outro ao sur.e ao leste controlado polos bizantinos.
Dentro da provincia situáronse dioceses tan importantes como Valentia, Toleto, Eliocroca, Begastro ou Ilici.
A cidade de Toleto (Toledo), capital do reino visigodo, estaba incluída na Cartaxinense, cuxa capital estaba baixo dominio bizantino. Por iso, pouco despois de acceder ao trono, o rei visigodo Gundemaro promoveu a celebración dun sínodo que tivo lugar en Toledo e que acordou que Toledo sería a nova metrópole de toda a provincia, arrebatándolle este título á sé de Cartaxena, un declaración que apoiou ao rei mediante decreto do 23 de outubro de 610. Deste xeito desapareceu a provincia eclesiástica Cartaxinense.
Cando Cartaxena foi conquistada polos reinos cristiáns no século XIII, a diocese foi restaurada, pero sen carácter metropolitano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.