Década do -2990Década do -2980 Década do -2970Década do -2960 Década do -2950Década do -2940 Década do -2930Década do -2920 Década do -2910Década do -2900
Taboa anual do século -XXX
Pechar
3000 a.C., arredor dese ano se preparou e utilizou por vez primeira a área de acceso do dolmen de Dombate.
3000 a.C.: no norte de África está a desenvolverse unha agricultura temperá.
c. 3000 a.C.: no sur de Inglaterra comeza a construción de Stonehenge. Na súa primeira versión, constaba dun dique circular e un banco con 56 postes de madeira (segundo National Geographic, xuño de 2008).
3000 a.C.: na zona da actual Durrës (Albania) desenvolveuse a cultura Epidamnos.
2925 a 2776 a.C.: en Exipto estanse a desenvolver as guerras da primeira dinastía.
2920 a.C.: Dshet, terceiro faraón de Exipto. O seu reinado comeza 80 anos despois da morte do anterior faraón.
2900 a.C.: en Iraq empeza o período dinástico temperá Imesopotámico.
2900 a.C.: no Perú comeza a construírse a aldea de Caral, que será a primeira cidade en América.
No Perú empeza a cultivarse o algodón(Gossypium barbadense).
En Mesopotamia (actual Iraq), os sumerios inventaron a escritura por primeira vez na Humanidade.
Hesi é coñecido como a primeira referencia bibliográfica dun dentista en Exipto ao servizo do faraón, en estudos radiográficos se atoparon diferentes grados de dano periodontal nas momias exipcias faraónicas.