From Wikipedia, the free encyclopedia
O sufraxio universal consiste na dotación do dereito ao voto a toda a poboación adulta dun Estado independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O logro do sufraxio universal deuse a partir dunha evolución na democracia. Trala Revolución Francesa o poder político comezou a estar en mans de cámaras de representantes polo que era necesario regulalo seu sistema de elección. Así comezou o sufraxio censatario no que votaban só homes que cumprisen unha serie de requisitos de nivel de instrución, de renda e de clase social; pasando polo sufraxio masculino (segunda metade do século XIX), no que podían votar tódolos homes que soubesen ler e escribir. Ata a inclusión do sufraxio feminino (século XX en diante), analfabetos (século XX) e xentes de tódalas razas (segunda metade do século XX).
Malia ser considerado un fito da democracia e algo imprescindible en todo sistema político moderno, ao longo da historia dos séculos XIX e XX, e incluso na actualidade, a presenza do sufraxio universal en moitos países non foi posible debido a diversas políticas, grupos de presión ou réximes políticos.
No pasado numerosas sociedades negaron o dereito a votar baseándose tamén en diferenzas de raza ou etnia. Por exemplo, durante a era do apartheid non estaba permitido o voto a razas que no fosen a branca en Suráfrica. Igualmente acontecía na época de pre-dereitos civís nos Estados Unidos onde, aínda que os afroamericanos tiñan tecnicamente dereito a votar, negábaselles o seu exercicio mediante intimidacións e outros medios. O Ku Klux Klan formado trala guerra civil estadounidense foi unha das organizacións que destacou neste cometido.
Moitos sistemas de sufraxio universal exclúen constitucional e legalmente a votantes potenciais, como os residentes de nacionalidade estranxeira, cidadáns convictos e enfermos mentais. No derradeiro caso arguméntase que se trata de persoas que non teñen vontade libre ou persoas carentes de raciocinio para decidi-las súas accións, os cales poderían ser premidos ou intencionados por terceiros. No caso dos convictos, arguméntase que parte do castigo (reclusión ou privación de liberdade) inclúe a restrición dos dereitos cidadáns como o sufraxio. No caso dos estranxeiros, a calidade de votante atópase ligada á posesión da cidadanía no Estado onde se reside. Porén, as lexislacións e dereitos constitucionais polo xeral conceden o dereito ao sufraxio (eleccións locais e/ou nacionais) previa residencia por un período de tempo.
Houbo momentos nos que aos militares se lles negou o dereito ao voto. Esta privación do dereito ao voto imposto en determinados países (por exemplo, na Francia da III república) tivo motivos complexos. Por unha parte, tratou de impedir a presión dos oficiais sobre os soldados, que deformaría o voto (tales feitos non eran estraños durante o Consulado ou o II Imperio en Francia e incluso en certas repúblicas suramericanas actuais). Trátase, por outra parte, de evita-la intrusión da política no exército, como prexudicial para a disciplina militar.
A continuación amósase unha listaxe cronolóxica de países e a data na que se logrou implantar por vez primeira o sufraxio universal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.