A dos soleidos (Soleidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes que comprende máis dun cento de especies coñecidas na bibliografía internacional como linguados verdadeiros e, en galego, como linguados, lirpas e acedías.

Máis información Clasificación científica, Xéneros ...
Soleidos
Soleidae
Linguados, lirpas e acedías

Rango fósil: paleoceno - actualidade[1]

Linguado (Solea solea)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Bonaparte, 1833[2]
Xéneros
  • Véxase o texto
Pechar

Os linguados habitan sobre fondos areosos preto das costas mariñas e tamén en cursos de auga doce. As especies de augas salobres e salgadas viven no Atlántico oriental, no Índico e no Pacífico occidental e central. As de auga doce encóntranse en África, o sur de Asia, Nova Guinea e Australia.

No pasado, os linguados das Américas (tanto os de auga salgada coma doce) incluíronse nesta familia, pero hoxe foron separados para formar a súa propia, a dos aquíridos (Achiridae) ou linguados americanos. O único linguado verdadeiro que habita nesta zona é especie é Aseraggodes herrei, das Galápagos (e que tamén vive nas illas Cocos, no Índico).[3]

Aínda que a maioría das especies viven preto da costa, un linguado que se asemellaba a un pequeno halibut foi observado polo batiscafo Trieste na parte inferior da fosa das Marianas, a uns 11 km de profundidade.[4] Porén, esta observación foi cuestionada por expertos en peixes, e as autoridades non a recoñecen como válida.[5]

Depredadores, alimentándose de crustáceos e outros invertebrados. Ao naceren presentan simetría bilateral, e durante o seu desenviolvemento ambos os ollos desprázanse ao lado dereito da cabeza. Viven a maior parte do tempo co lado cego recostado sobre o leito acuático.

De cores escuras, a súa delgadeza e quietude sobre o fondo fai deles unha presa difícil para outros depredadores.

Son moi apreciados en gastronomía pola súa carne branca e fina, de sabor delicado. Entre as especies máis consumidas e apreciadas destaca o linguado común, ou linguado propiamente dito,[6] Solea solea.

Etimoloxía

O nome científico da familia, Soleidae, fórmase, como é habitual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, Solea, engadíndolle a desinencia -´idae empregada para formar os nomes das familias de animais. Pola súa parte, Solea vén do termo latino solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae).[7]

Características

O seu corpo é alongado, coa cabeza tamén longa e os ollos, como quedou dito, situados no lado dereito o corpo.[8]

Caracterízanse por ter o corpo comprimido lateralmente e porque, ao viviren acostados sobre un dos seus lados nos fondos areosos, sofren unha modificación que consiste na migración dun ollo ao outro lado (o dereito), de tal modo que presentan un lado cego, non pigmentado, que é o que se pousa no fondo, e outro cos dous ollos, pigmentado, que é o que aparece como superior (aínda que realmente sexa un dos costados do peixe).[9]

O extremo frontal do corpo e a cabeza son arredondados. A mandíbula superior é protráctil. A parte posterior do opérculo frontal está cuberta por pel. As narinas e as mandíbulas da acra cega están rodeadas por pequenas papilas sensitivas en forma de filamentos.[10]

Clasificación

Segundo FishBase, a familia comprende 30 xéneros cun total dunhas 180 especies. Os xéneros son:[11]

Porén, outros sistemas de clasificación admiten máis (WoRMS, 32)[2] ou menos (SIIT, 29) xéneros.[12]

Acuicultura

En Galicia, nas últimas décadas, están cultivándose con grande éxito algunhas especies de linguados, non só o autóctono, Solea solea, senón tamén a especie Solea senegalensis.[13]

En palabras do director do Centro Tecnológico Galego de Acuicultura (CETGA), "O linguado é a especie de maior potencial de todas as que se están investigando, sen dúbida, e a gran aposta da industria acuícola".[14]

Galería

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.