Synapturichthys kleinii (Risso, 1827) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] a única existente no xénero Synapturichthys,[2] coñecido en galego como linguado xaspeado.[3]

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Synapturichthys kleinii
Linguado xaspeado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Soleidae
Xénero: Synapturichthys
Chabanaud, 1927
Especie: S. kleinii
Nome binomial
Synapturichthys kleinii
(Risso, 1827)
Pechar

Trátase dun linguado que habita nas costas do Atlántico leste (incluído o mar Mediterráneo), de Suráfrica e do océano Índico occidental

Taxonomía

Xénero

O xénero foi creado en 1927 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.[2]

Especie

A especie foi descrita por primeira vez en 1827 polo naturalista nizardo Antoine Risso, co nome de Rhombus kleinii.[1]

Sinónimos

Ademais de polo nome orixinario que lle outorgou Risso, e de polo actualmente válido, a especie coñeceuse tamén ao longo do tempo polos seguintes sinónimos:[1]

  • Pegusa kleini (Risso, 1827) (incorrecto)
  • Pegusa kleinii (Risso, 1827)
  • Solea alboguttata Fowler, 1929
  • Solea capellonis Steindachner, 1868
  • Solea kleini (Risso, 1827) (incorrecto)
  • Solea kleinii (Risso, 1827)
  • Solea melanoptera (Gilchrist, 1904)
  • Synaptura melanoptera Gilchrist, 1904
  • Synaptura savignyi Kaup, 1858
  • Synapturichthys kleini (Risso, 1827) (incorrecto)

Etimoloxía

Xénero

O xenérico Synapturichthys está fomado pola adición a Synaptura nome doutro xénero de soleidos — véxase a súa etimoloxía en Synaptura— da adaptación latina do termo do grego antigo ἰχθύς chthýs, "peixe".

Especie

O epíteto específico, kleinii, foi unha homenaxe que lle fixo Risso ao naturalista xermano-polaco Jacob Theodor Klein .[Cómpre referencia]

Características

Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego.
O corpo, como o de todos os soleidos, ten forma de lingua (de aí os seus nomes vulagares) ou de sola de sandalia (de aí, o seu nome científico), máis alto cara a arriba, cara á cabeza, pero que se vai estritando pouco a pouco cara ao extremo caudal.
As escamas do lado ocular están provistas de espínulas, o que fai que o tarto da súa pel sexa áspero.
A liña lateral é recta e visíbel no lado ocular, con tan só unha soa pequena curvatura cerca da cabeza, á altura da aleta pectoral.
A zona superior das narinas do lado cego está expandida, formando unha roseta, como nas especies do xénero Pegusa.

As aletas dorsal e anal están unidas na súa parte posterior, por unha membrana, á aleta caudal.[4][5]

A súa columna vertebral está constituída por de 46 a 47 vértebras. A aleta dorsal presenta de 75 a 92 raios, e a anal, de 63 a 72.[6]

A coloración da súa cara pigmantada é típica: beixe ou de cor area, salferida ás veces de manchas escuras, con puntos brancos. A aletas dorsal e anal están boredas de escuro. A aleta pectoral deste lado leva unha mancha negra no centro, e o extremo é abrancazado. O lado cego é abrancazado.[4][5][7][8]

Pode alcanzar un tamaño máximo de até os 40 cm,[8] aínda que os espécimes capturados roldan os 15 cm.[9]

Hábitat, distribución e bioloxía

O linguado xaspeado é un peixe mariño e de augas salobres, demersal, que habita en fondos de entre os 20 e os 460 m de profundidade,[10] en augas subtropicais, entre os 44° N e os 32° S, nas costas do Atlántico leste (incluído o mar Mediterráneo), de Suráfrica e do océano Índico occidental.[6]

Encóntrase en fondos areosos e lamacentos, principalmente en augas pouco profundas.[8]

Pesca

O linguado xaspeado captúrase nas áreas de pesca 27, 34, 37 e 47 (Atlántico nordeste, Atlántico centro-leste, Mediterráneo e Atlántico sueste, respectivamente).[3]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.