From Wikipedia, the free encyclopedia
Monochirus é un pequeno xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] que comprende tan só dúas especies de pequenos linguados, unha que vive no Atlántico oriental e no mar Mediterráneo a a outra propia do mar da China Meridional.
Monochirus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as dúas especies teñen o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.
O xénero foi creado en 1814 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.[1]
Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo:[1]
O nome científico Monochirus está formado pola raíz do latín científico mono-, tirada da do grego antigo μονο-, drerivada de μόνοσ mónos, "un", "unha", e da forma -chirus, tirada do termo grego antigo χείρ χειρός cheír, cheirós, "man".[2]
Literalmente: "os dunha soa man" —neste caso, aleta— facendo referencia a que só posúen aleta pectoral no lado pigmentado.
Na actualidade recoñécense neste xénero, segundo o WoRMS, a FishBase e a EOL, as seguintes dúas especies:[1][3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.