escultor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Silverio Rivas Alonso, nado en Ponteareas o 24 de novembro de 1942, é un escultor galego con obradoiro en San Xoán de Paramos (Tui).[1]
Dolmen Novo Milenio | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de nov. de 1942 (82 anos) Ponteareas |
Educación | Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Círculo de Belas Artes de Madrid Escola de Arte A Palma |
Actividade | |
Ocupación | Escultor |
Membro de | |
Xénero artístico | Abstract sculpture (en) |
Movemento | Construtivismo |
Profesores | Carlos Sobrino Buhigas, Luís Torras, Xoán Piñeiro Nogueira e Camilo Nogueira |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Comezou a traballar no taller de ebanistería do pai aos doce anos.[2] Formouse na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo cos mestres Carlos Sobrino Buhigas, Luís Torras e Camilo Nogueira Martínez;[2] no taller de fundición de Xoán Piñeiro Nogueira; en Madrid, onde ingresou na Escola de Artes e Oficios da rúa da Palma e asistiu ás clases nocturnas do Círculo de Belas Artes, e en Sargadelos, o que o levou a innovar con conxuntos articulados e desmontables de cerámica.[3] Traballou en París. Formou parte do movemento Atlántica desde 1980.[4]
Pioneiro da abstracción escultórica en Galicia e cun traballo que despuntou nos anos setenta. Domina un construtivismo orgánico que sempre ten en conta o xogo das formas e o espazo intrínseco e cambiable. Traballa con materiais diversos: granito, bronce, ferro, aceiro, chumbo, mármore, madeira, barro, fibra de poliéster, gres...[5][6]
Rivas, presente no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo,[2] a Colección Afundación[7] e no Museo de Belas Artes da Coruña,[8][9] ten obra en espazos públicos en varias vilas de Galicia:
En 2012 participou, coa peza Barca solar, na exposición Gallaecia Petrea, na Cidade da Cultura de Galicia.
En 1992 recibiu o Premio da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Representación[12] e en 2015 o Premio Laxeiro.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.