![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f9/Santiago_de_Compostela%252C_Galiza_%2528cropped%2529.jpg/640px-Santiago_de_Compostela%252C_Galiza_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Santiago de Compostela
concello que dá nome á comarca de Santiago, na provincia da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes.[1] O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Santiago de Compostela ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 98.687 (2023) ![]() | ||||
Xentilicio | compostelán, compostelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 220,01 km² ![]() | ||||
Altitude | 260 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1834 ![]() | ||||
Santo padrón | Santiago o Maior ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Goretti Sanmartín (2023–) ![]() | ||||
Eleccións municipais en Santiago de Compostela ![]() | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15700 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 981 ![]() | ||||
Código INE | 15078 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | santiagodecompostela.gal ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.
A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais[2]. Por poboación é o cuarto concello galego despois de Vigo, A Coruña e Ourense. Posúe unha densidade de poboación de 445,05 hab./km² (2022), e unha superficie de 220,6 km².