filóloga e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Goretti Sanmartín Rei, nada na Estrada o 6 de xullo de 1964, é unha filóloga, escritora e política galega.[1] Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.[2]
(2016, PALEXCO) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Goretti Sanmartín Rei 6 de xullo de 1964 (60 anos) A Estrada, España |
Alcaldesa de Santiago de Compostela | |
17 de xuño de 2023 – ← Xosé Antonio Sánchez Bugallo Electa en: Eleccións municipais de España de 2023 | |
Concelleira do Concello de Santiago de Compostela | |
2023 – Electa en: Eleccións municipais de España de 2023 | |
Concelleira do Concello de Santiago de Compostela | |
2019 – 2023 Electa en: eleccións municipais de España de 2019 | |
Concelleira do Concello de Santiago de Compostela | |
2015 – 2019 Electa en: Eleccións municipais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - Filoloxía galega Universidade da Coruña - Filoloxía galega |
Actividade | |
Ocupación | política , filóloga |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Premios
| |
É a alcaldesa de Santiago de Compostela desde o 17 de xuño de 2023.[3]
Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na formación da lingua literaria galega durante o século XIX e sobre a época das Irmandades da Fala.
É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña entre o 2004 e o 2006.
En 2012 foi elixida responsable do BNG de Santiago de Compostela[4] e dende 2013 é secretaria de Implantanción e Estratexia Municipal do BNG.
Formou parte das listas do BNG ao concello de Santiago nas eleccións municipais do ano 2015, como número dous, saíndo elixida concelleira. Tras o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG para a Deputación da Coruña, foi elixida Vicepresidenta e Voceira do ente provincial.[5] No ano 2019 preséntase como número 1 polo Bloque Nacionalista Galego[6] ao Concello de Santiago de Compostela, saíndo elixida tras obter 2 escanos. Ademais abandona a vicepresidencia da Deputación da Coruña.
Nas Eleccións municipais de 2023 recuncou como candidata do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía do Concello de Santiago de Compostela pasando de 2 a 6 edís, e subindo de 4.870 votos a 11.428,[3][7] polo que foi elixida alcaldesa co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE (6) e de Compostela Aberta(2).[8]