1985 (MCMLXXXV) foi un ano común comezado en martes no calendario gregoriano. Corresponde ao Ano do Boi no horóscopo chinés.
Datos rápidos Calendario gregoriano, Ab urbe condita ...
Pechar
- 10 de xaneiro: Mary Kenneth Keller, pioneira estadounidense da informática (n. 1913).
- 22 de febreiro: Salvador Espriu, poeta en lingua catalá.
- 26 de febreiro: Tjalling Koopmans, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 1975.
- 26 de febreiro: Manuel Bergueiro, mestre e escritor galego.
- 2 de marzo: Xosé María Álvarez Blázquez, escritor e investigador galego (n. 1915).
- 10 de marzo: Konstantín Chernenko, político e estadista, gobernante da Unión Soviética (n. 1911).
- 28 de marzo: Marc Chagall, pintor ruso (n. 1887).
- 11 de abril: Enver Hoxha, ditador albanés (n. 1908).
- 20 de abril: Charles Richter, sismólogo estadounidense.
- 21 de abril: Tancredo Neves, presidente elixido do Brasil (n. 1910).
- 25 de xuño: Leandro Pita Romero, político, diplomático e xornalista galego.
- 16 de xullo: Heinrich Böll, escritor alemán, Premio Nobel de Literatura (n. 1917).
- 6 de agosto: Forbes Burnham, presidente de Guïana (n. 1923).
- 20 de agosto: Reimundo Patiño, pintor e debuxante de banda deseñada galego (n. 1936).
- 31 de agosto: Frank Macfarlane Burnet, biólogo australiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1899).
- 8 de setembro: John Franklin Enders, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1887).
- 9 de setembro: Paul Flory, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1910).
- 19 de setembro: Italo Calvino, escritor italiano.
- 2 de outubro: Rock Hudson, actor estadounidense (n. 1925).
- 10 de outubro: Yul Brynner, actor estadounidense (n. 1920).
- 10 de outubro: Orson Welles, actor e director de cinema estadounidense (n. 1915).
- 16 de outubro: Antonio Guillán Hermo, poeta galego.
- 27 de outubro: Paulopriit Voolaine, arquiveiro, bibliotecario, lingüista e etnógrafo estoniano.
- 27 de outubro: Bernard Wolfe, escritor estadounidense (n. 1915).
- 7 de decembro: Robert Graves, escritor e erudito británico.
- 12 de decembro: Anne Baxter, actriz estadounidense (n. 1923).
- 26 de decembro: Dian Fossey, bióloga estadounidense (n. 1932).
- 31 de decembro: Ricky Nelson, cantante e actor estadounidense (n. 1940).