político albanés From Wikipedia, the free encyclopedia
Enver Halil Hoxha (ɛnˈvɛɾ ˈhɔdʒa (Escuchar) (axuda · info)), nado en Gjirokastra o 16 de outubro de 1908 e finado en Tirana o 11 de abril de 1985, foi un xefe de Estado e ditador albanés, dirixente da República Popular de Albania dende 1944 ata a súa morte. Desempeñou as funcións de secretario xeral do Partido do Traballo de Albania (PPSH) entre 1941 e 1985, así como o cargo de primeiro ministro de Albania entre 1944 e 1955.
Completou a educación secundaria no Liceo Nacional de Albania (Korçë) e máis tarde obtivo unha bolsa para estudar na universidade de Montpellier. Aínda que de novo xa mostraba interese pola política, a súa experiencia en Francia foi a que o levou a militar en organizacións comunistas. En 1941, durante a segunda guerra mundial, foi un dos fundadores do Partido Comunista de Albania e combateu cos partisanos albaneses que liberaron o país en 1944, primeiro dos invasores italianos e despois do exército alemán. A través do Consello Antifascista de Liberación Nacional, presidido por el, o novo goberno derrogou o réxime monárquico de Zog I para establecer a República Popular de Albania.
Os 41 anos de mandato ininterrompido de Hoxha divídense en dúas etapas: a primeira (1944-1976) caracterizada por alianzas temporais con potencias socialistas —Iugoslavia, a Unión Soviética e a República Popular da China—, e unha segunda (1976-1985) marcada polo isolacionismo, o antirrevisionismo e o seguimento ortodoxo do marxismo-leninismo. Do seu goberno destacouse a defensa do stalinismo, a eliminación de todo tipo de oposición a través de métodos que incluían a pena de morte[1][2] a transformación do país cara a unha economía industrializada e autoabastecida, o ateísmo de Estado o establecemento dunha policía secreta para a represión política da poboación (Sigurimi) e, nos seus últimos anos, o illamento internacional en que quedou sumida Albania.
Logo da súa ruptura coa URSS, varias organizacións internacionais declaráronse hoxhaístas. A máis importante foi a Conferencia Internacional de Partidos e Organizacións Marxista-Leninistas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.