![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/Castillo_del_Morro_by_Glogg_4.jpg/640px-Castillo_del_Morro_by_Glogg_4.jpg&w=640&q=50)
Santiago de Cuba
From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Cuba[1][2][3] é a capital da provincia do mesmo nome, no leste de Cuba. As súas coordenadas xeográficas son 20.01° N, 75.82° W. É a segunda cidade máis importante do país, con cerca de 500 mil habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Cuba | ||||
Provincias | Provincia de Santiago de Cuba ![]() | ||||
Capital de | Provincia de Santiago de Cuba (1976–) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 444.851 (2011) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.032,29 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Caribe ![]() | ||||
Altitude | 82 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Diego Velázquez de Cuéllar ![]() | ||||
Creación | 1514 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Santiago o Maior ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 90100, 90200, 90300, 90400, 90500, 90600, 90700, 90800, 90900, 91000, 91100, 91200, 91300 e 91400 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 22 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Montego Bay Diadema (pt) ![]() Maracay Nápoles Sabaneta (pt) ![]() Maracaibo Esmeraldas Lisboa Santiago de Compostela Cartaxena de Indias Santiago de los Caballeros (pt) ![]() San Petersburgo (1974–) Rosario (1993–) Palermo (1996–) Oakland (2000–) Toluca de Lerdo (2018–) ![]() | ||||
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5b/Santiagodecuba1.jpg/640px-Santiagodecuba1.jpg)
Situada ao leste da illa, foi capital da antiga provincia de Oriente e actualmente éa da provincia do mesmo nome. Foi fundada en 1515 polo conquistador español Diego Velázquez de Cuéllar, entre as primeiras sete vilas de Cuba. O conquistador Hernán Cortés foi o primeiro alcalde da cidade e de alí partiu cara á conquista de México. De Santiago partiu tamén o conquistador e explorador Pánfilo de Narváez co título de Adiantado, ademais de Gobernador, rumbo ás costas de Florida en viaxe exploratoria, viaxe que rematou en fracaso e lle custou a morte.
Foi a primeira capital de Cuba. Pola baía santiagueira entraron os primeiros escravos negros a Cuba e con eles fortes raíces africanas e españolas. É coñecida como a Cidade Heroe de Cuba, título que lle foi concedido polo apoio do seu pobo ás xestas libertarias dos cubanos.