From Wikipedia, the free encyclopedia
O rícino[1], Ricinus communis, é a única especie aceptada do xénero: Ricinus, planta arbustiva da familia Euphorbiaceae, de follas moi grandes, pecioladas, e froito capsular. Das súas sementes extráese un aceite purgante[2].
Rícino | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rícino (Ricinus communis) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Ricinus communis L., Sp. Pl., 2, p. 1007, 1753 |
O rícino é un arbusto de talo groso e lígneo, oco que, ao igual que os pecíolos, nervios e incluso as propias follas nalgunhas variedades, pode tomar unha cor púrpura escura e adoita estar cuberto dunha voaxa abrancazada, semellante á cera.
As follas son moi grandes, de nervación palmada e fendidas de 5 a 9 lobos, de bordos irregularmente dentados; as follas son alternas, con pecíolo moi longo, unido pola súa parte inferior.
As flores están dispostas en grandes inflorescencias, ergueitas, que, cando son novas, abrollan dunha espata nos nós entre o talo e os pedúnculos das follas; na parte inferior de ditas inflorescencias áchanse as flores masculinas, cun cáliz, con cinco pezas lanceoladas/triangulares e múltiples estames soldados, con forma de columna, ramificada en forma de coliflor. As flores femininas atópanse na parte superior da panícula, con ovario, formado por tres follas carpelares e rematado por un pistilo trifurcado, con papilas destinadas a captar o pole. Florea case todo o ano.
O froito é globuloso, trilobado, case sempre cuberto por abundantes pugas, que lle dan aspecto de ourizo; ten tres cavidades, cada unha cunha semente, grande e xaspeada, de superficie lisa e brillante, rematada por unha excrecencia e que contén unha toxina chamada de ricina.[3] Cando os froitos secan, a codia espiñenta ténsase aos poucos producindo finalmente un efecto de resorte que guinda a sementa a distancias superiores aos dez metros, sendo este o xeito de se espallaren.
Cómpre dun clima cálido sen xeadas, está espallado por case todas as rexións cálidas do globo, téndose naturalizado por ser unha planta cultivada dende a antigüidade. Semella ser orixinaria do corno de África (Abisinia).
As sementes son mou tóxicas, pola presenza dunha albumina chamada ricina, xa que abonda a inxestión dunhas poucas, mastigadas ou engolidas, para produciren un cadro de intensa gastroenterite con deshidratación; pode danar seriamente o fígado e mailo ril e incluso producir a morte. É unha das toxinas biolóxicas máis potentes que se coñecen.
O aceite de rícino, obtido por prensado das sementes e quentado para destruír a ricina, é un dos purgantes máis reputados, debéndose a súa acción ao ácido ricinoleico; ten o inconveniente do seu desagradábel sabor. Na actualidade encontra aplicacións na industria de tinturas e vernices, así como para a fabricación de lubrificantes e líquidos para freos.
Media da composición de ácidos graxos do óleo de rícino | ||||
---|---|---|---|---|
Nome do ácido | Rango de porcentaxes | |||
Ácido ricinoleico | 85 | fins | 95% | |
Ácido oleico | 6 | fins | 2% | |
Ácido linoleico | 5 | fins | 1% | |
Ácido linolénico | 1 | fins | 0,5% | |
Ácido esteárico | 1 | fins | 0,5% | |
Ácido palmítico | 1 | fins | 0,5% | |
Ácido dihidroxisteárico | 0,5 | fins | 0,3% | |
re | 0,5 | fins | 0,2% |
Emprégase principalmente pola súa follaxe e penacho floral para muros de separación, sebes, pantallas e dar tons de cores nos fondos dos xardíns. As variedades que se utilizan son variacións na cor das follas e talos. Algunhas delas son:
Ricinus communis foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1007. 1753.[4]
O nome do xénero, aplicado xa a esta planta por Plinio (15, 25) —aínda que tamén o aplicou á amora (froito dunha silveira (23, 137)— e outros autores látinos, alude á semellanza das súas sementes con certas carrachas, chamadas tamén de ricinus en latín. Mais o rícino era coñecido dende había moito antes, pois nomeábano xa autores gregos, como Teofrasto e Dioscórides, co nome de «croton» —nome que tamén usou Plinio (15, 25)— e as súas sementes apareceron en tumbas exipcias, moi anteriores.
Todos os innumerábeis táxones infra-específicos (subespecies, variedades, formas) son meros sinónimos da especie,[5] ademais das especies a seguir e os seus táxones infra-específicos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.