botánico británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Philip Miller, nado en Deptford, ou quizais en Greenwich, en 1691 e finado en Chelsea, Londres o 18 de decembro de 1771, foi un horticultor e botánico británico, de ascendencia escocesa.
Retrato do botánico escocés Philip Miller na tradución francesa de The Gardener Dictionary, en realidade un autorretrato de John S. Miller. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1691 Inglaterra |
Morte | 18 de decembro de 1771 Chelsea, Londres |
País de nacionalidade | británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Lugar de traballo | Chelsea |
Ocupación | horticultor, botánico |
Membro de | Royal Society (1730–) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Mill. |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Kennet |
Fillos | Charles e Philip |
Pai | Joseph Miller |
Premios | |
Membros da Royal Society | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Philip Miller foi o xardineiro en xefe do Xardín Botánico de Chelsea (Chelsea Physic Garden) desde 1721 até case a data da súa morte. Casou con Mary Kennet, con quen tivo dous fillos, Charles e Philip.
Mantivo unha correspondencia importante con outros botánicos do seu tempo, obtendo numerosos espécimes procedentes de todo o mundoero, que cultivou na Gran Bretaña. Miller instruíu a William Aiton (1731-1793), que máis tarde chegaría a ser o xardinero en xefe do Real Xardín Botánico de Kew, e a William Forsyth (1737-1804).
Philip Miller rexeitou a nomenclatura binomial de Linneo (1707-1778) e prefiriu utilizar a clasificación de Joseph Pitton de Tournefort (1656-1708), e a de John Ray (1627-1705). Soamente na oitava edición da súa obra The Gardeners Dictionary (O dicionario dos xardineiros), en 1768, foi cando adoptou o sistema linneano. Porén, xa describira algúns xéneros, tales como Larix e Vanilla, que foron validados no sistema lineano, na cuarta edición de Species Plantarum, de 1754.
Miller está vinculado coas orixes do cultivo do algodón en Xeorxia, Estados Unidos, onde plantou persoalmente as primeiras sementes en 1733.
O 22 de xaneiro de 1730 foi elixido membro da Royal Society de Londres.
A abreviatura Mill. emprégase para recoñecer a Philip Miller como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.