xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Os lárices son árbores pertencentes ao xénero Larix, coníferas da familia das pináceas tamén chamados alerces. O xénero contén unhas trece especies.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2018) |
Son árbores caducifolias, coas follas aciculares, macías, verdes, brillantes, en grupos de fascículos de 15 a 40 sobre braquiblastos; as agullas tórnanse amarelas e caen a finais do outono, saíndo das árbores defoliadas co inverno. Os lárices miden entre 15 e 50 m de altura; son as plantas dominantes nos inmensos bosques boreais de Rusia e do Canadá.
En Galicia só aparecen coma ornamentais en xardíns e arboredos coma en Lourizán.
Hai 10-14 especies; aquelas marcadas cun asterisco (*) na listaxe inferior non son aceptadas coma especies distintas por todas as autoridades. No pasado, a lonxitude da bráctea do cono a miúdo usouse para dividir os lárices en dúas seccións (secc. Larix con brácteas curtas e secc. Multiserialis con brácteas longas), mais a evidencia xenética[1] non apoia esta división, apuntando no canto disto a unha división xenética entre as especies do Vello Mundo e do Novo Mundo, sendo o cono e mais o tamaño da bráctea meras adaptacións ás condicións climáticas. Estudos xenéticos máis recentes propuxeron tres grupos dentro do xénero, cunha división primaria entre as especies de América do Norte e as Euroasiáticas, e unha división secundaria das euroasiáticas entre as especies de brácteas curtas setentrionais e especies de brácteas longas meridionais;[2] hai certa disputa sobre a posición do Larix sibirica, unha especie de bráctea curta que se atopa no grupo de bráctea curta por algúns dos estudos e no grupo de bráctea longa por outros.
A meirande parte das especies, senón todas, poden hibridarse en cultivo. O híbrido máis coñecido é o Abeto híbrido de Dunkeld Larix × marschlinsii (sin. Larix × eurolepis, un nome non lexítimo), que xurdiu máis ou menos simultaneamente en Suíza e Escocia cando o lárice europeo (L. decidua) e o lárice do Xapón (L. kaempferi) hibridaron cando estaban plantados xuntos.
O lárice úsase coma planta de alimentación polas larvas dunha serie de especies de lepidópteros. O lárices inclínanse por padecer a enfermidade antracnose fúnxica Lachnellula willkommii (Antracnose do lárice); esta é particularmente un problema nos lugares que tenden a ter xeadas serodias na primavera, que causan feridas menores ás árbores, permitindo a entrada das esporas do fungo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.