![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/51/Rosal%25C3%25ADa_Castro_de_Murgu%25C3%25ADa_por_Luis_Sellier.jpg/640px-Rosal%25C3%25ADa_Castro_de_Murgu%25C3%25ADa_por_Luis_Sellier.jpg&w=640&q=50)
Rosalía de Castro
escritora galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía,[1][2] nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837[3] e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX[4] e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.[5]
«Rosalía» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase Rosalía (homónimos).
- Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) María Rosalía Rita de Castro ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) María Rosalía Rita Expósito ![]() 23 de febreiro de 1837 ![]() Conxo, España ![]() |
Morte | 15 de xullo de 1885 ![]() A Matanza, España ![]() |
Causa da morte | cancro de útero ![]() |
Lugar de sepultura | Panteón de Galegos Ilustres (1891–) 42°53′02″N 8°31′58″O cemiterio de Adina (1885–1891) 42°44′24″N 8°39′38″O ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora , poetisa ![]() |
Período de actividade | 1857 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Poesía, novela e conto ![]() |
Movemento | Rexurdimento ![]() |
Pseudónimo literario | Rosalía de Castro ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Manuel Murguía (1858–1885) |
Fillos | Alejandra (1859-1937) Aura (1868-1942) Gala (1871-1964) Ovidio (1871-1900) Amara (1873-1921) Adriano Honorato Alejandro (1875-1876) Valentina (nada morta en 1877) |
Pais | José Martínez Viojo ![]() ![]() |
Premios
| |
Páxina web | rosalia.gal ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.[6]