![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Library-shelves-bibliographies-Graz.jpg/640px-Library-shelves-bibliographies-Graz.jpg&w=640&q=50)
Bibliografía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bibliografía (do grego βιβλιογραφία bibliographia, literalmente "a escrita de libros") pode referirse a unha disciplina[1] ou unha lista ordenada de xeito alfabético ou lóxica dos libros sobre un tema ou dentro dunha marca; ou, incluso, na técnica de redacción dos repertorios bibliográficos.[2][3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Library-shelves-bibliographies-Graz.jpg/640px-Library-shelves-bibliographies-Graz.jpg)
A disciplina baséase no estudo académico de libros como obxectos físicos, culturais; neste sentido, é tamén coñecido como biblioloxía[1] (do grego -λογία, -logia) ou como bibliografía material.[3] Carter e Barker (2010) describen a bibliografía como unha disciplina erudita dobre: a lista organizado de libros (bibliografía enumerativa) e a descrición sistemática de libros como obxectos físicos (bibliografía descritiva).