Padrón
concello da comarca do Sar, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca do Sar, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, que pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital de | |||||
Capital | Padrón | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.355 (2023) (172,73 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 48,37 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Anxo Rey Arca | ||||
Eleccións municipais en Padrón | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15900 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15065 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | padron.gal |
Censo total 2015 | 8.643 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.079 (12.48 %) |
Entre 15 e 64 anos | 5.521 (63.88 %) |
Maiores de 65 anos | 2.043 (23.64 %) |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística; 1857-2011
Evolución da poboación de Padrón Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.415 | 7.351 | 8.505 | 9.948 | 9.070 | 8.985 | 8.882 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
O topónimo da vila procede de "pedrón"[1] (do latín "Petronem"), do altar de orixe romana adicado ao deus Neptuno, localizado orixinalmente na beira esquerda do río Sar e levado no século XV ao interior da igrexa parroquial de Santiago de Padrón.
O concello, dunha superficie de 48,37 km², abrangue 5 parroquias. Está situado ás beiras do río Sar, xa na súa desembocadura na confluencia do río Ulla e a ría de Arousa. Limita ao noroeste co concello de Teo, ao sueste coa Estrada, ao sur con Pontecesures, ao suroeste con Dodro e ao noroeste con Rois.
No concello de Padrón apenas hai restos anteriores á romanización, debido posiblemente a que a desembocadura do río Sar é unha zona pantanosa. A primeira poboación da que se ten constancia é Iria Flavia, fundada posiblemente durante a dinastía dos Flavios, entre os anos 69 e 96.
A economía dos primeiros poboadores debeu estar baseada na pesca e o marisqueo, como demostran os restos arqueolóxicos atopados nos arredores como conchas de bivalvos, cerámicas especiais e unha serie de obxectos representativos.
A tradición di que cara ao ano 34 desembarcou en Iria o Apóstolo Santiago, e que amarrou a súa barca á ara antes mencionada. Conta a lenda que os seus discípulos Teodoro e Anastasio trouxeron os seus restos mortais desde Xudea no ano 44, enterrándoo nun outeiro río Sar arriba, no que hoxe é Santiago de Compostela, no monte Libredón, onde se construíu a catedral de Santiago.
Trala chegada do Catolicismo e o reino de Galiza, na Idade Media constituíuse a diocese de Iria, cuxa historia aparece reflectida no Chronicon Iriense. Desde o descubrimento dos restos do Apóstolo durante o bispado de Teodomiro, Padrón convértese en lugar de paso da vía dos peregrinos que chegan por mar, pero tamén en obxectivo para as saqueadores viquingos e normandos entre os séculos X e XI (véxase viquingos en Galicia), polo que Afonso V mandou reconstruír en Catoira as Torres de Oeste, sobre os restos do Castellum honesti de orixe romana. Con esta defensa, a vila de Padrón tivo gran prosperidade durante os séculos XII e XIII. En 1156 o rei Afonso VII doou ao plebeo Sancho Eanes o couto de Lampai, situado na parroquia de Cruces.
O arcebispo Diego Xelmírez, nado nas Torres de Oeste, foi un dos artífices desa prosperidade, mandando construír un peirao (que se mantivo activo até o século XVII, cando os aluvións do río Sar provocaron a retirada da ría), onde se sitúa actualmente a igrexa de Santiago. Dos seus estaleiros saíron as primeiras galeras da mariña española. No século XV o arcebispo Rodrígo de Luna estivo dous anos en Padrón con todo o cabido compostelán para protexerse dos condes de Altamira. Na igrexa de Iria Flavia consérvase o seu sepulcro, con estatua xacente.
Padrón está vinculado a importantes figuras da literatura, como Macías o Namorado, Xoán Rodríguez de Padrón, Rosalía de Castro ou Camilo José Cela.
O PPdG predominou na política padronesa dende a chegada da democracia, na persoa de Jesús Villamor Calvo coma incombustible alcalde, dende o ano 1983 ata o 2007. Nese ano, unha coalición de goberno entre o PSdeG e un partido independente (escisión no seu día do PPdG), deulle o bastón de mando a Camilo Forján Seoane, pertencente ao PSdeG. O BNG e o PG tamén apoiaron a investidura do devandito. Na actualidade o alcalde é Antonio Fernández Angueira do PPdG, que goberna en coalición co PGD.
|
|
|
Na igrexa parroquial de Santiago de Padrón consérvanse dous epígrafes: un en latín, sobre a tradición do santo, e outro de 1133, sobre a reconstrución do templo iniciada polo bispo Xelmírez.
Na ermida de Santiaguiño do Monte, á que segundo a lenda se retiraba a rezar o apóstolo tralas súas predicas, celébrase cada 25 de xullo unha popular romaría.
A casa da Matanza é o pazo onde residiu Rosalía de Castro, situado na periferia, fronte á estación de Padrón. Actualmente acolle un museo. Nos arredores da poboación existen outros pazos e casas señoriais.
O Xardín botánico de Padrón, situado no centro da vila, acolle especies senlleiras e exóticas de árbores.
A vila acolle cada domingo a feira de Padrón, unha das de máis sona de Galiza, onde ademais de roupa e apeiros, destacan os produtos hortofrutícolas da zona, en especial os coñecidos pementos.
Os pementos de Padrón, están vinculados ao convento de San Francisco de Herbón, onde foron levados por frades franciscanos cara ao século XVI ou XVII, seguramente procedentes de México ou o sur dos EUA.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón | |
---|---|
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago) |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Padrón vexa: Lugares de Padrón.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.