![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/40/2AM9.png/640px-2AM9.png&w=640&q=50)
Receptor de andróxenos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O receptor de andróxenos (AR), tamén chamado NR3C4 (receptor nuclear subfamilia 3, grupo C, membro 4), é un tipo de receptor nuclear[5] que é activado no citoplasma pola unión de calquera das hormonas androxénicas, como a testosterona e a dihidrotestosterona[6] e despois trasladado ao núcleo celular. O receptor de andróxenos humano está codificado no xene AR do cromosoma X. O receptor de andróxenos está relacionado estreitamente co receptor de proxesterona, polo que as proxestinas en maiores doses poden bloquear o receptor de andróxenos.[7][8]
Receptor de andróxenos | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Estruturas dispoñibles | |||
PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
Lista de códigos PDB
| ||
Identificadores | |||
Nomenclatura | Outros nomes
| ||
Identificadores externos | |||
Locus | Cr. X q12 | ||
Padrón de expresión de ARNm | |||
![]() | |||
![]() | |||
Máis información | |||
Ortólogos | |||
Especies |
| ||
Entrez |
| ||
Ensembl |
| ||
UniProt |
| ||
RefSeq (ARNm) |
| ||
RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
Localización (UCSC) |
| ||
PubMed (Busca) |
|
Receptor de andróxenos | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Estrutura cristalina do dominio de unión a ligando do receptor de andróxenos humano unido a un péptido NH2-terminal receptor de andróxenos, ar20-30 e r1881 | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Androgen_recep | ||||||||
Pfam | PF02166 | ||||||||
InterPro | IPR001103 | ||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e7/Human_androgen_receptor_and_androgen_binding.svg/640px-Human_androgen_receptor_and_androgen_binding.svg.png)
A principal función do receptor de andróxenos é actuar como factor de transcrición que se une ao ADN que regula a expresión xénica;[9] porén, ten ademais outras funcións.[10] Os xenes regulados por andróxenos son cruciais para o desenvolvemento e mantemento do fenotipo sexual masculino.