![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Phosphate_Group.svg/langgl-640px-Phosphate_Group.svg.png&w=640&q=50)
Fosforilación
adición dun grupo fosfato inorgánico a calquera outra molécula / From Wikipedia, the free encyclopedia
A reacción de fosforilación é a adición dun grupo fosfato inorgánico (PO43–) a calquera outra molécula. A fosforilación serve para formar enlaces "enerxéticos" (que poden ceder facilmente enerxía libre) e para regular a actividade de moléculas (encimas principalmente). É unha reacción moi importante en bioquímica e é obxecto dunha intensa investigación, sobre todo a fosforilación de proteínas.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Phosphate_Group.svg/640px-Phosphate_Group.svg.png)
No metabolismo, a fosforilación é o mecanismo básico de transporte de enerxía desde os lugares onde se produce ata os lugares onde se necesita.