![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Testosteron.svg/langgl-640px-Testosteron.svg.png&w=640&q=50)
Andróxeno
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os andróxenos son os compostos naturais ou sintéticos, xeralmente hormonas esteroides, que estimulan ou controlan o desenvolvemento e mantemento das características do macho nos vertebrados ao unirse aos receptores de andróxenos das células de certos tecidos. Isto inclúe a actividade dos órganos sexuais accesorios do macho e o desenvolvemento das características sexuais secundarias. Os andróxenos son tamén os esteroides anabólicos orixinais e os precursores de todos os estróxenos, os cales son as hormonas sexuais femininas. As femias tamén producen pequenas cantidades de andróxenos. O principal andróxeno é a testosterona, e outros menos importantes son a dihidrotestosterona e a androstenediona.
Non confundir con androxinia.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/ce/Testosteron.svg/320px-Testosteron.svg.png)