xénero de antílopes From Wikipedia, the free encyclopedia
Raphicerus é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos, que comprende tres especies de pequenos antílopes africanos,[1][2][3][4][5][6] ou catro, segundo algúns autores.[7]
Raphicerus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raphicerus campestris macho | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
Son antílopes de pequeno tamaño, como todos os da tribo dos neotraguinos, (denominados antilopes ananos), de pelaxe parda clara amarelada (rubia), orellas grandes con relación ao seu tamaño, coa parte anterior, cóncava, branca, cola diminuta, e cornos pequenos, finos, rectos e paralelos, presentes só nos machos.[6][8][9]
O xénero foi descrito en 1827 polo militar e naturalista británico, nado en Flandres oriental (Bélxica), Charles Hamilton Smith, en Griffith et al., Animal Kingdom, 5: 342.[1]
Como quedou dito, a maioría dos aurores recoñecen no xénero tres especies, coas subespeies que se citan a continuación:[1][10]
Xénero Raphicerus
Porén ultimamente algúns autores, como Colin P. Groves, inclúen unha cuarta:
considerada por algúns autores como a subespecie Raphicerus sharpei colonicus Thomas & Schwann, 1906.[12]
Ademais das sinaladas tamén de coñece unha especie fósil, do plioceno tardío temperán de Suráfrica, Raphicerus paralius, descrita polo paleontólogo británico Alan W. Gentry, que traballou con Louis S. B. Leakey, do Centro para a prehistoria e a palaeontoloxía de Nairobi (Kenya), en 1980.[14][15]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.