From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos antilopinos (Antilopinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes pertencente á familia dos bóvidos.[1][2]
Antilopinos Antilopinae Antílopes "verdadeiros" | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Antilope cervicapra | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inclúe varios xéneros con numerosas especies de antílopes e gacelas, na súa maior parte presentes no continente africano.
Os antilopinos son antílopes de pequeno a mediano tamaño que viven en África e Asia, sobre todo en hábitats abertos e secos. As características comúns dos compoñentes deste grupo son a constitución do cranio, os dentes e os cornos. Case todas as especies teñen glándulas visíbeis diante dos ollos. É escaso o dimorfismo sexual en canto ao tamaño ou a cor da pelaxe. Nas especies máis grandes ambos os sexos adoito presentan cornos, e o comportamento social é polixínico, formando rabaños cun só macho e numerosas femias. Nas especies máis pequenas, que moitos autores adoitan chamar antílopes ananos, xeralmente só os machos pesentan cornos, que son curtos, paralelos e rematados en punta; nestes animais predomina un comportamento social monógamo.
A subfamilia foi creada en 1821 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" publicada na revista London Medical Repository 15: 296–310.[1]
O nome da subfamilia deriva do nome do seu xénero tipo, Antilope, e a desinencia do latín científico -ínae, propia dos nomes das subfamilias de animais. (Véxase a etimoloxía do xénero Antilope na páxina Antílopes).
Non hai unanimidade sobre cales son os xéneros que comprende esta familia.
Segundo MSW, de Wilson e Reeder, a subfamilia Antilopinae integra os seguintes xéneros:[1]
Porén, segundo o SIIT, serían os seguintes:
Investigacións recentes (2013) efectuadas por Bärmann et al. permitíronlles establecer as seguintes relacións filoxenéticas entre moitos dos xéneros da subfamilia dos antilopinos (que agruparon na tribo dos Antilopini).[6]
Antilopini |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A clasificación dos antilopinos está en continua revisión, e non todos os taxónomos están de acordo con esta visión; moitos subdividen a subfamilia en tres tribos, inluíndo o xénero Ammodorcas na tribo dos Antilopini, separan o xénero Saiga na tribo dos Saigini (no que tamén inclúen o xénero Pantholops), e sitúan os xéneros Dorcatragus, Madoqua, Neotragus, Oreotragus, Ourebia e Raphicerus na tribo dos Neotragini. (Véxanse os artigos Antilopini, Saigini e Neotragini).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.