Tribo de antílopinos From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos neotraguinos (Neotragini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos.
Neotraguinos Neotragini | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Neotragus moschatus | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A tribo inclúe seis xéneros con trece especies de antílopes de pequeno tamaño (polo que moitos autores os denominan antílopes ananos), que habitan en rexións densamente cubertas de vexetación na zona ecuatorial e o sueste de África.
Do tamaño dunha lebre, son antílopes de corpo delicado e compacto (agás Oreotragus oreotragus), ser cristas no curuto da cabeza, de lombo arredondado. Só os machos presentan cornos, que son rectos, pequenos e rematados en punta. As orellas son máis ben curtas. O fociño está espido. Os pezuños interiores son estreitos e apuntados, e os laterais están xeralmente ausentes. Presentan glándulas preorbitais e nos pezuños, e carecen de glándulas inguinais. As ubres das femias teñen catro tetos.[2][3]
A tribo foi creada en 1894 polo avogado e zoólogo británico Philip Sclater e o tamén británico e zoólogo, especializado en mamíferos, Oldfield Thomas.[4]
O nome científico da tribo, Neotragini, está fomada polos elementos do latín científico Neotrag-, raíz de Neotragus, o nome do seu xénero-tipo, e -ini, sufixo empregado para formar os nomes das tribos.
(Ver etimoloxía de Neotragus no artigo correspondente a este xénero).
Algúns mastozoólogos como, por exemplo, Haltenorth, consideran este grupo como unha subfamilia distinta, a dos Neotraginae.[5][6]
De máis transcendencia é o cambio proposto por Eva V. Bärmann, da Universidade de Cambridge, e o seu colega Tim Schikora, do Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima de Frankfurt. Segundo estes autores, a pesar de que as especies de antílopes ananos se reuniron comunmente na tribo dos neotraguinos debido á súa aparencia morfolóxica xeral, as análises filoxenéticas demostraron que non todos están estreitamente relacionados, polo que suxeriron restrinxir o nome de Neotragini ao xénero tipo Neotragus. No seu estudo utilizaron secuencias do citocromo b mitocondrial e medicións lineais do cranio para investigar máis a fondo a similitude das tres especies de Neotragus. Estas análises apoian a estreita relación de N. moschatus e N. batesi. Porén, N. pygmaeus, a especie tipo —que nunca antes se incluíra nas análises filoxenéticas— non está estreitamente relacionada. Segundo estes autores, podería compartir un antepasado común máis recente con outro "antílope anano", o Oreotragus oreotragus, e cos duiqueros do taxon Cephalophini. Polo tanto, suxeriron resucitar o xénero Nesotragus Von Dueben, 1846 para Nesotragus moschatus e N. batesi, e deixando a Neotragus pygmaeus como a única especie do xénero.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.