From Wikipedia, the free encyclopedia
Raphicerus sharpei é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos e tribo dos neotraguinos, pertencente ao xénero Raphicerus.[2][3][4][5]
Raphicerus sharpei | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho no Parque nacional Kruger
| |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Raphicerus sharpei Thomas, 1896 | |||||||||||||||||||||
Trátase dun antílope de pequeno tamaño, como todos os da tribo dos neotraguinos, (denominados antilopes ananos), tímido e solitario, amplamente distribuído polas sabanas da África oriental e meridional, desde Tanzania até Namibia e Suráfrica.
A especie foi definida en 1896 polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1896: 796.[2]
A maioría dos autores consideran a Raphicerus sharpei como unha especie monotípica, é dicir, que non ten subespecies. Porén algúns consideran dentro dela a subespecie Raphicerus sharpei colonicus Thomas & Schwann, 1906, que, desde principios do século XXI, é considerada por outros, como Colin P. Groves, unha especie separada, denominada Raphicerus colonicus (Thomas & Schwann, 1906).[4][5][6]
Por outra parte, outros, como Haltenorth e Diller, considérana unha subespecie de Raphicerus melanotis, especie estreitamente relacionada que habita na rexión do Cabo Oriental,[7] e algúns considérana conespecífica con ela.[8]
Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como raficero de Sharpe ou grysbobok de Sharpe (coas particularidades propias de cada lingua).[9]
Moi semellante ao raficero común ou steenbok (Raphicerus campestris), pero menor ca el, ten unha pelaxe híspida, de coloración parda avermellada, mesturada de branca, o que lle dá un aspecto agrisado, especialmente ao longo dos flancos (nalgúns individuos mesmo se ven manchas de pelo branco).
O fociño é pardo. Na cara presenta unha estreita raia superciliar branca. As orellas son grandes (como en todas as especies do xénero), pero menores que as do raficero do Cabo (Raphicerus melanotis) e as do raficero común, cubertas con pelos curtos. As partes inferiores son brancas.
Os cornos (só presentes nos machos) son moi curtos (de 4 a 5,5 cm), cónicos, erguéndose verticalmente sobre a fronte. As femias son similares aos machos (pero sen cornos).[9]
A lonxitude da cabeza e tronco varía entre os 65 e os 75 sm; a cola é moi curta, de 5 a 8 cm, e a alzada (altura na cruz) é duns 51 cm. O peso oscila entre os 7 e os 12 kg.[7][9]
Habita principalmente en zonas de outeiros cerca dos kopjes rochosos con densos arbustos espiñentos e herba mesta.[9] A súa área de dispersión vai desde as zonas occidentais e meridionais de Tanzania, até nordeste de Suráfrica (provincias de Limpopo e Mpumalanga) e o sueste de Eswatini, ocupando entre estes límites o sueste da República Democrática do Congo, Zambia (ao leste do río Zambeze), Malawi, Mozambique (agás nas rexións boscosas costeiras), o extremo nordeste de Botswana, o leste da Franxa de Caprivi en Namibia e gran parte de Zimbabue.[8]
En gran parte da súa área de distribución (Zimbabue, Zambia e Tanzania) parece estar asociado co bosque de miombo (Brachystegia sp.), onde hai unha boa cobertura en forma de matogueiras de lento crecemento ou pastos con herbas de altura media.[8] Aínda que parece estar asociado con áreas de boa cobertura do solo, Wilson (1975) rexistrou que tamén se encontra en terreos onde predomina o mopane (Colophospermum mopane) con moi pouca cobertura, no Parque Nacional Hwange (antigamente, Wankie Game Reserve),[10] mentres que no Parque Nacional Chobe (Botswana) víronse espécimes nunha meseta de area nun bosque aberto con céspede claro e cuberta de mato. Os raficeros de Shrape son predominantemente comdores de ramallos, alimentándose de follas tenras e caules novos, pero tamén comen froitos e raíces, e pastan herba.[8] [9]
Viven solitarios, agás durante a época de celo. Nas calorosas horas centrais do día refúxianse nas espesuras densas, ou entre as grandes rochas, mesmo en vellos tobos abandonados que escavaran os porcos formigueiros.[9]
A especie non ten ameazas importantes, aínda que fou eliminada dalgunhas das partes da súa antiga área de distribución pola proliferación de asentamentos humanos e a destrución do seu hábitat, é a caza para carne. Pero os seus hábitos discretos permítenlle soportar ben a presión da caza.[11]
Debido a que é unha especie común, a que a súa presenza está xeneralizada e a que non hai ameazas importantes que dean lugar a unha diminución significativa da súa poboación, e pouco probábel que o status do raficero de Sharpe cambie a longo prazo se continúa estando ben representado en áreas protexidas e en terreos privados. A tendencia da súa poboación es xeralmente estábel en áreas protexidas e en granxas privadas, aínda que diminúe gradualmente noutros lugares a medida que a presión da caza aumenta co crecemento dos asentamentos humanos. Por tdos iso, a especie está actualmente cualificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.