Río Támese
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Támese[1][2] ou río Támesis[3][4][5][6] (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga de Londres.
(en) Thames | |||||
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Reino Unido | ||||
Altitude inicial | 110 m | ||||
División administrativa | Gloucestershire, Reino Unido (en) , Wiltshire, Reino Unido, Oxfordshire, Reino Unido, Berkshire, Reino Unido, Buckinghamshire, Reino Unido, Surrey, Reino Unido, Essex, Reino Unido, Kent, Reino Unido e Gran Londres, Reino Unido | ||||
Localización | Kemble (pt) | ||||
Final | |||||
División administrativa | Kent, Reino Unido | ||||
Localización | Thames Estuary (en) | ||||
Desembocadura | Mar do Norte | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Afluentes | 42 | ||||
Características | |||||
Dimensións | 334 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 15.300 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 65,8 m³/s | ||||
O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura"[7] que aparece en numerosos hidrónimos galegos: Tamuxe, Tambre, Támoga, Támega., Tameiga en Mos.
As fontes do Támese atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támese ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.[Cómpre referencia]
Durante o Plistoceno, o primitivo río Támese fluía dende Gales ata Clancton-on-Sea, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluente do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade do xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.[Cómpre referencia]
Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxelouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támese non se volveu a conxelar totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.[Cómpre referencia]
A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támese. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.[Cómpre referencia]
O Támese é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.[Cómpre referencia]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.