![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a0/Flag_of_Quintana_Roo.svg/langgl-640px-Flag_of_Quintana_Roo.svg.png&w=640&q=50)
Quintana Roo
estado de México / From Wikipedia, the free encyclopedia
Quintana Roo (oficialmente en castelán: Estado Libre y Soberano de Quintana Roo) é un dos 31 estados do México. Divídese en 11 concellos e a súa capital é a cidade de Chetumal. Quintana Roo atópase na parte leste da península do Iucatán e limita cos estados de Campeche polo oeste e do Iucatán polo noroeste, así como cos distritos de Orange Walk e Corozal de Belize polo sur. Como o estado máis oriental de México, Quintana Roo ten costa polo leste no mar Caribe e polo norte co golfo de México. No pasado, o estado abranguía 44.705 km² e compartía unha pequena fronteira con Guatemala no suroeste do estado.[1][2] Porén, en 2013, a Suprema Corte de Xustiza da Nación de México resolveu o conflito limítrofe entre Quintana Roo, Campeche e o Iucatán derivada da creación do concello de Calakmul por Campeche en 1997, poñéndose do lado de Campeche e beneficiando así ó Iucatán.[3]
Nomeado en referencia a | Andrés Quintana Roo (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | México ![]() | ||||
Capital | Chetumal (pt) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Bacalar Benito Juárez Felipe Carrillo Puerto (pt) ![]() Isla Mujeres (pt) ![]() José María Morelos (pt) ![]() Lázaro Cárdenas (pt) ![]() Município de Cozumel (pt) ![]() Município de Tulum (pt) ![]() Othón P. Blanco Solidaridad (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.857.985 (2020) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua chuj Lingua maia iucateca línguas gestuais maias (pt) ![]() Lingua acateca ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 44.705 km² ![]() | ||||
Altitude | 31 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 8 de outubro de 1974 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Congress of Quintana Roo (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 77 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MX-ROO ![]() | ||||
Páxina web | qroo.gob.mx ![]() |
Quintana Roo é o estado da cidade de Cancún, as illas de Cozumel e Illa Mujeres, e as vilas de Bacalar, Playa del Carmen e Akumal, así como as ruínas maias de Chacchoben, Cobá, Kohunlich, Muyil, Tulum, Xel-Há e Xcaret. A reserva da biosfera de Sian Ka'an tamén se atopa neste estado.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Quintana_Roo.jpg/640px-Quintana_Roo.jpg)