Campeche é un dos 31 estados mexicanos. Atópase no sueste da Federación, no oeste da península do Iucatán. Limita cos estados do Iucatán polo nordeste, Quintana Roo polo leste, Tabasco polo suroeste, e máis con Guatemala polo sur e Belize polo sueste. Polo oeste ten o golfo de México. A súa área é de 57.924 km²,[1] e a súa poboación de 822.441 habitantes (2010).[2] A capital do estado é a cidade de San Francisco de Campeche, sendo tamén a máis grande. Dende o punto de vista físico, Campeche atópase nunha posición de transición entre a selva tropical do Petén guatemalteco e a selva baixa caducifolia do extremo norte da península do Iucatán.

Datos rápidos Himno, Localización ...
Modelo:Xeografía políticaCampeche
Thumb
Thumb

HimnoHimno Campechano Editar o valor em Wikidata

Localización
Thumb Editar o valor em Wikidata Thumb
 18°50′11″N 90°24′12″O
EstadoMéxico Editar o valor em Wikidata
CapitalSan Francisco de Campeche Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación928.363 (2020) Editar o valor em Wikidata (16,15 hab./km²)
Lingua usadaSierra Popoluca (en) Traducir
Lingua chuj
Lingua maia iucateca
Lingua acateca Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie57.484,9 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1858 Editar o valor em Wikidata
Organización política
 Gobernadora Editar o valor em WikidataLayda Sansores Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCongreso de Campeche Circunscrición: 21, (Escano: 35) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24000−24999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico982, 938, 996, 981, 913 e 983 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2MX-CAM Editar o valor em Wikidata

Páxina webcampeche.gob.mx Editar o valor em Wikidata
Pechar

Toponimia

Existen diversas teorías acerca da orixe da palabra Campeche, por exemplo que podería vir do maia iucateca can pech, "cobra e carracha".[3]

Outros indican que Campeche deriva das palabras kin que significa "sol" e pech, como xa se indicou, "carracha". Algúns supoñen que a este nome (kin pech) se lle pode agregar o prefixo ah que quere dicir "lugar" e en conxunto significaría "lugar do señor sol carracha".[3]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.