From Wikipedia, the free encyclopedia
O acateco é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. É falada polo pobo acateco que habita no departamento de Huehuetenango, en Guatemala, e nos concellos de Concepción Huista, Nentón, San Miguel Acatán, San Rafael La Independencia e San Sebastián Coatán.[2] Un grupo de falantes tamén vive no estado de Chiapas, México. No ano 1998 contaba con máis de 58 600 falantes, dos cales 48 500 vivían en Guatemala e o resto en México.[3] O acateco está estreitamente relacionado coas linguas q’anjob’al e jacalteca. As tres linguas forman a sub-póla q'anjob'al-jacalteca. Crese que o grupo q'anjob'al–jacalteco diviuse nas tres linguas hai 1 500 anos.
Acateco | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Akateko | |
Falado en: | Guatemala e México | |
Rexións: | Huehuetenango e Chiapas | |
Total de falantes: | 57 000 (1998) | |
Familia: | Maia Q’anjob’al Kanjobal–Jacalteco Acateco | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Guatemala (lingua nacional) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | knj
| |
Mapa | ||
Status | ||
O acateco estaba considerado como un dialecto da lingua q’anjob’al até a década de 1970, cando os lingüistas se decataron das diferenzas gramaticais con respecto do q'anjob'al.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.