Lingua maia iucateca
From Wikipedia, the free encyclopedia
O maia iucateco[3] (màaya t'àan; lit. "fala maia") ou iucateco[4] é unha lingua maia falada na península do Iucatán e no norte de Belize. Para os seus falantes, o nome da lingua é sinxelamente maia. O identificador "iucateca" é unha etiqueta lingüística empregada para distinguila doutras linguas maias (como o kʼicheʼ e o itza'). Por ese motivo, o emprego do termo maia iucateca é unha nomenclatura científica.[5]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Maia.
Datos rápidos Maia iucateca Màaya T'àan, Estatuto oficial ...
Maia iucateca Màaya T'àan | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Maia | |
Falado en: | México e Belize | |
Total de falantes: | 790 000 (2010) | |
Familia: | Maia Iucateca Iucateca-lacandón Maia iucateca | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | México (lingua nacional)[1] | |
Regulado por: | Secretaría de Educación Pública | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | yua
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
Nos estados mexicanos do Iucatán, algunhas partes de Campeche, Tabasco, Chiapas e Quintana Roo, o maia é a primeira lingua de moitas persoas, con máis de 800 000 falantes. Tamén hai uns 6 000 falantes en Belize.[5][6]