From Wikipedia, the free encyclopedia
O gato pescador, Prionailurus viverrinus, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, pertencente ao xénero Prionailurus,[2][3] propio do Sucontinente indio: Bangladesh, Bután, India, Nepal, Paquistán, Sri Lanka, e do Sueste Asiático: Brunei, Camboxa, Indonesia (Xava e Sumatra), Malaisia (península), Tailandia e Vietnam.[2]
Prionailurus viverrinus Gato pescador | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prionailurus viverrinuss no zoo de Cincinnati | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Prionailurus viverrinus (Bennett, 1833) | |||||||||||||||||||||||||
Área de distribución de Prionailurus viverrinus | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1833 polo médico e zoólogo inglés Edward Turner Bennett, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1833: 68,[2] baixo o nome de Felis viverrina.[3]
Foi incluída no xénero Prionailurus polo biólogo anemán Weigel, en 1961.[2][4]
Para a etimoloxía do xénero, véxae Prionailurus.
O epíteto específico, viverrinus, quizais se deba ao parecido que teñen, na cor da pelaxe, coas especies do xénero Viverra, o tipo da familia dos vivérridos.
Ademais de polo nome actualmente válido, e polo epónimo que lle impuxo Bennett, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como gato pescador (debido aos seus hábitos alimenticios), coas adaptacións correspondentes de cada idioma.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.