![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Prionailurus_viverrinus_1.jpg/640px-Prionailurus_viverrinus_1.jpg&w=640&q=50)
Prionailurus
xénero de mamíferos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Prionailurus é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1]
Prionailurus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lámina de Prionailurus viverrinus na obra de Richard Lydekker Cats and Carnivora, 1894 | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Felis pardochrous Hodgson, 1844 (= Felis bengalensis Kerr, 1792)[1] | |||||||||||||||||||||||
![]() Nota: mapa elaborado pola superposición das áreas de dispersión das súas especies. Área de dispersión do xénero Prionailurus Nota: mapa elaborado pola superposición das áreas de dispersión das súas especies. | |||||||||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Dentro deste xénero inclúense cinco especies,[1] (ou catro, segundo os autores),[2] de felinos de tamaño e aspecto variábel, que viven nas selvas da India e do Sueste Asiático: o Prionailurus bengalensis, o Prionailurus bengalensis iriomotensis[3] o gato de cabeza chata (Prionailurus planiceps), o gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) e o gato pescador (Prionailurus viverrinus). Este último é o máis coñecido e de distribución máis ampla, así como practicamente o único felino que basea a súa dieta no consumo de peixes.
O estado de conservación de cada unha das especies é dispar, aínda que en xeral pódese dicir que todas están ameazadas nalgunha medida debido á destrución do seu hábitat, que se acelerou nos últimos anos á par que o desenvolvemento urbano e industrial do Sueste Asiático. O gato de cabeza chata chegou mesmo a considerarse extinto en 1985, pero por fortuna foi redescuberto dez anos despois; desde aquela aparece na Lista vermella da UICN como especie en estado crítico.