From Wikipedia, the free encyclopedia
Prionailurus bengalensis iriomotensis Imaizumi, 1967 é, para moitos autores, unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, pertencente ao xénero Prionailurus,[3][4][5][2] ou, para outros, unha subespecie de Prionailurus bengalensis (Kerr, 1792), Prionailurus bengalensis iriomotensis (Imaizumi, 1967),[1] que vive exclusivamente na pequena illa xaponesa de Iriomote.
Prionailurus bengalensis iriomotensis | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar taxidermizado en Toquio. | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Prionailurus iriomotensis (Imaizumi, 1967) [2] | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
Atópase en perigo crítico de extinción, segundo a Lista Vermella da IUCN dende 2008, xa que a súa poboación era nese ano de tan só 250 exemplares adultos, e crese que está a minguar.[1] É unha das especies de gato máis ameazadas, cunha poboación estimada en menos de 100 individuos en 2007.[6][7]
En xaponés, é chamado "gato de montaña de Iriomote" (西表山猫 Iriomote-yamaneko?). No dialecto local da lingua yaeyama, coñécese como "o gato da montaña" (ヤママヤー yamamayaa?), "o que brilla na montaña" (ヤマピカリャー yamapikaryaa?), e "o que ten ollos parpadeantes" (メーピスカリャー meepisukaryaa?).[8][9]
Está considerado por algúns biólogos como un fósil vivente, xa que a súa forma actual non difire moito da súa forma primitiva.[Cómpre referencia]
Cando a especie foi descuberta en 1965 por un grupo de rapaces, os zoólogos considerárona como sobrevivente dunha liña extinta de felinos, e foi clasificada no xénero Mayailurus, co nome científico de Mayailurus iriomotensis.[2]
Dous aanos máis tarde foi reclasificada por Imaizumi como unha subespecie de Prionailurus bengalensis,[10] antes de volver a ser elevada, polo mesmo autor, ao nivel de especie no mesmo xénero de Prionailurus bengalensis, Prionailurus.[11]
Esta postura aínda está en discusión, e moitos estudosos afirman que Prionailurus bengalensis iriomotensis debe ser clasificado nunha especie separada, posto que a súa aparencia é moi diferente á de Prionailurus bengalensis.
Para a etimoloxía do xénero, véxae Prionailurus.
O epíteto específico, iriomotensis, fai referencia á illa onde habita.
A súa pelaxe é de cor marrón escura, e posúe unha cola moi poboada. Non pode retraer completamente as súas garras.[7]
Os ollos son duhan cor ámbar clara. O seu nariz é grande e plana, e as súas patas son de 29 a 37 mm de ancho, en contraste cos de 24 a 30 mm das patas dun gato doméstico.[Cómpre referencia]
O cranio é máis longo e máis estreito que o dun gato doméstico. Cando se compara co cranio de Prionailurus bengalensis, Prionailurus bengalensis iriomotensis ten aproximadamente o mesmo tamaño, pero é máis groso. Debido a isto, o seu cerebro é máis pequeno; o cerebro dun Prionailurus bengalensis macho pesa uns 42 g, mentres que o cerebro masculino dun Prionailurus bengalensis iriomotensis pesa uns 30 g.[Cómpre referencia]
Os machos adoitan creceren até os 50 ou 60 cm, e pesan de 3,5 a 5 kg. As femias son máis pequenas, medido entre 50 e 55 cm de longo e pesando de 3 a 3,5 kg. As colas son grosas desde a base até a punta, medindo entre 23 e 24 cm de lonxitude. Os seus pescozos tamén son grosos, e os ombros son musculosos, aínda que a súa capacidade para saltar é comparativamente débil.[Cómpre referencia]
Prionailurus bengalensis iriomotensis é endémico da pequena illa de Iriomote, que ten unha superficie duns 290 km². Na illa predominan as montañas baixas, que van desde os 300 até os 460 m de altitude e están poboadas de bosques subtropicais sempre verdes, incluíndo amplas zonas de mangleirais ao longo dos cursos de auga. É o hábitat máis pequeno das especies de felinos salvaxes no mundo.
Estes gatos encóntranse predominantemente nos bosques subtropicais que cobren a illa, a altitudes non superiores aos 200 msnm, e prefiren as zonas achegadas aos ríos, os bordos dos bosques e lugares con baixa humidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.