Selva
From Wikipedia, the free encyclopedia
As selvas[1] son fragas caracterizadas polas altas precipitacións, de entre 1750 e 2000 mm. A canle do monzón, tamén coñecida coma a zona de converxencia intertropical, xoga un rol fundamental na creación das selvas tropicais.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Rainforrest_between_Kuranda_and_Cairns%2C_North_East_Queensland.jpg/640px-Rainforrest_between_Kuranda_and_Cairns%2C_North_East_Queensland.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Subpointlookout.jpg/640px-Subpointlookout.jpg)
Entre un 40 e 75% de tódalas especies do mundo son nativas das selvas. [2] Estímase que moitos millóns de especies de plantas, insectos e microorganismos aínda non forn descubertos. As selvas tropicais foron chamadas as "xoias da Terra", e a "maior farmacia do mundo", xa que arredor dunha cuarta parte de tódalas medicinas naturais foron descubertas alí.[3] As selvas tamén son responsables da renovación do 28 % do osíxeno, adoito mal referida coma produción de osíxeno,[4] procesándo o dióxido de carbono mediante a fotosíntese e almacenándoo coma carbono mediante o biosecostro.
O estrato arbustivo das selvas está restrinxido en moitas áreas pola falta de luz solar a nivel do solo. Isto fai posible camiñar a través da selva. Se o dosel é destruído ou mingua, o solo é colonizado moi cedo por unha densa capa de trepadoras, arbustos e pequenas árbores chamada xungla. Hai dous tipos de selva, a selva tropical e a selva temperada.