Policía Militar do Paraná
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
No Brasil as Policías Militares (PM) son forzas auxiliares e reserva do exército, e forman parte do sistema de seguridade pública e defensa social brasileiro. Os seus membros son chamados militares dos Estados.[1] Os Estados teñen cadansúa propia policía militar, con diferentes formacións, regulamentos e uniformes. As policías das forzas armadas teñen outras denominacións: Policía do Exército (PE), Policía Naval (PN), e Policía da Aeronáutica (PA).
A principal función da Polícia Militar do Paraná (PMPR) é a conservación da orde pública no Estado do Paraná.
A Policía Militar do Paraná foi creada como unha unidade de Cazadores (Infantaría Leve) en 1854,[2] co nome de Compañía de Forza Policial. Debido a necesidade do Imperio do Brasil, de efectivos militares para situacións de emerxencia.
A historia da PMPR presenta honrosa participación nos acontecementos militares que marcaron a vida nacional brasileira.
Essa situación foi mantida ata a fin da segunda guerra mundial, e foi soamente en 1946 cando a Policía Militar adquiriu a configuración actual; unha especie de xendarmaría que está suxeita aos Estados (da Federación).
A PMPR está organizada en batallóns, compañías e pelotóns. As sedes dos batallóns están localizadas nas grandes cidades, e as súas compañías e pelotóns son distribuídos consonte coa densidade de poboación nas cidades veciñas.
A Policía Militar do Paraná está presente en todas as cidades do Estado.
O Corpo de Bombeiros do Paraná foi creado en 1912.[10] A Corporación é militarizada, semellante ao Sapeurs-pompiers de Francia, e está integrada na estrutura da PMPR. Un grupamento é equivalente a un batallón, e un subgrupamento dunha compañía. Os grupamentos e subgrupamentos están baseados nas grandes cidades. Nas cidades pequenas, os combates a incendios son realizados por bombeiros voluntarios.
Historicamente os militares brasileiros herdaron tradicións lusitanas. Desde o nacemento ata os primeiros anos da República, a PMPR usou uniformes azuis (azul ferrete) semellantes aos do Exército Português. En 1912 foi adoptada a cor caqui, que tradicionalmente permanece en uso ata hoxe. Os bombeiros sempre usaron os mesmos uniformes da policía militar, só engadindo as súas insignias e distintivos.
A PMPR ten a mesma xerarquía do Exército Brasileiro, con insignias diferentes.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.