familia de plantas anxiospermas From Wikipedia, the free encyclopedia
Platanaceae, as platanáceas, é unha familia de plantas anxiospermas pertencente á orde das proteales. Consta dun único xénero, Platanus, con oito especies que se distribúen dende Asia Menor até Laos en Asia e dende o Canadá a Guatemala nas Américas.
Platanaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inflorescencia do plátano común | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
|
En Galicia é común só unha especie, empregada principalmente en xardinaxe urbana: o plátano común.
Son árbores caducifolias, simpódicas, grandes, coa casca chea de manchiñas caducas en forma de grandes placas irregulares, deixando ao descuberto unha superficie suave, de cor cinsenta. Follas en xeral moi variábeis na forma e nerviación, simples, alternas, máis ou menos dísticas, isobilaterais, palmatinervias e 3-7-lobuladas (palmatífidas a palmatipartidas) cos bordos enteiros ou con dentes glandulares. Talos con radios agregados no xilema, con nós 7-lacunares, felóxeno presente, superficial. Xemas cubertas por unha única escama.
Son plantas monoicas, as flores de cada sexo en inflorescencias separadas. Inflorescencias 1-7(-12) en longos pedúnculos pénsiles, cada unha un capítulo globoso unisexual, pedunculado ou sentado, con numerosas flores, derivado da condensación dunha panícula, cunha bráctea circular no baseamento e bractéolas entre as flores. Flores miúdas, pouco chamativas, hipóxinas, regulares, unisexuais. Receptáculo curto, plano. Disco hipóxino ausente. Perianto reducido. Sépalos 3-4(-8), libres ou basalmente soldados, máis curtos ca os pétalos, triangulares. Pétalos 3-4(-8), espatulado-truncados ou vestixiais, escariosos, frecuentemente ausentes nas flores femininas. Flores masculinas con androceo haplostémono, isostémono, opositisépalo, de 3-4(-8) estames, filamentos curtos ou case ausentes, anteras basifixas, non versátiles, ditecas, tetrasporanxiadas, alongadas, conectivo ensanchado apicalmente, peltado, dehiscencia por valvas lonxitudinais; pistilodio ás veces presente. Flores femininas co xineceo súpero de (3-)5-8(-9) carpelos apocárpicos en 2-3 verticilos, imperfectamente pechados apicalmente, arrodeados de longos pelos, estilodios lineares, estigmas internos, decurrentes en dúas cristas, máis ou menos secos, óvulos 2 por carpelo porén 1 case sempre aborta, ortótropos, bitégmicos, crasinucelados, péndulos, placentación apical a marxinal.
A polinización é anemófila. A floración ocorre a principios da primavera, cando están a grelar as novas follas.
As testas que sosteñen os froitos despréndense normalmente ao ano seguinte de ter madurado, polo outono. A dispersión dos froitos individuais, cos seus papos, é anemócora (ás veces de xeito secundario espállanse pola auga).
Ocupan lugares frescos en áreas de clima temperado, sendo frecuentes nas beiras dos ríos e regueiros; fallan completamente en áreas secas ou excesivamente frías.
Presentan glucósidos cianógenos derivados de la tirosina, flavonoides del tipo de las proantocianidinas (p, ej. prodelfinidina) y flavonoles (kaempferol, quercetina, miricetina), además de triterpenos (incluyendo ácido betulínico). Carecen de ácido elágico, saponinas y sapogeninas.
Varias das especies teñen un uso primordial coma árbore de paseo en zonas temperadas, destacando o plátano común (Platanus x hispanica), moi espallado por Europa e América do Norte, e moi resistente, por mor probabelmente ao chamado vigor híbrido, malia que o uso é desaconsellado pola alerxia que producen os seus papos ou viláns. Os seus parentais cultívanse tamén para tal efecto, porén con peores resultados, por ser menos resistentes á polución, entre outras causas. A madeira úsase en ebanistaría, panelados e outros traballos de interior, e é así mesmo moi aprezada para queimar pola súa dura.
O único xénero, Platanus L., 1753, ten coma especie tipo Platanus orientalis L., 1753. Divídese en dous subxéneros: o subxénero Castaneophyllum J.-F. Leroy, 1982, con follas elípticas, pinnatinervias e con estípulas miúdas e escariosas, que inclúe tan só o Platanus kerrii Gagnep., 1939, unha especie illada e relíctica que representa a rama basal da evolución do xénero e é o grupo irmán das restantes especies, que se inclúen no subxénero Platanus.
Nome científico | Nome común | Distribución | Flores | Notas |
---|---|---|---|---|
Platanus acerifolia Willd.—Sp. Pl., ed. 4 [Willdenow] 4(1): 474. 1805 | "Plátano acerifolio" | ? | ||
Platanus algeriensis Hort. ex K.Koch—Dendrologie 2(1): 468. 1872 [dic 1872] | "Plátano da Alxeria" | ? | ||
Platanus chiapensis | "Plátano de Chiapas" | sueste de México | ? | Subxénero Platanus |
Platanus gentryi Nixon & J.M. Poole, 2003 | "Plátano de Gentry" | México occidental | ? | Subxénero Platanus |
Platanus × hispanica (P. occidentalis × P. orientalis; sin. P. × acerifolia, P. × hybrida) | Plátano común, Plátano común | Orixe cultivada | 1-6 | Subxénero Platanus |
Platanus kerrii Gagnep., 1939. | "Plátano de Kerr" | Laos, Vietnam, probabelmente no sur da China | 10-12 | Subxénero Castaneophyllum |
Platanus mexicana Moric., 1837[1] | "Plátano de México" | nordeste e centro de México | 2-4 | Subxénero Platanus |
Platanus oaxacana | "Plátano de Oaxaca" | sur de México | ? | Subxénero Platanus |
Platanus occidentalis L., 1753[2] | Plátano Americano, occidental ou de Virxinia | Leste de América do Norte | 1-2 | Subxénero Platanus |
Platanus orientalis L., 1753 [3] | Plátano oriental | Sueste de Europa, Oriente Medio, Irán, Asia central, Paquistán, India | 3-6 | Subxénero Platanus |
Platanus racemosa Nutt., 1842 (= P. californica Benth., 1844 | "Plátano racemosa" | California e México | 3-7 | Subxénero Platanus |
Platanus rzedowskii Nixon & J.M.Poole, 2003 | "Plátano de Rzedowski" | México oriental | ? | Subxénero Platanus |
Platanus wrightii S. Watson, 1875 | "Plátano de Wright" ou "álamo" | Arizona, Novo México, noroeste de México | 2-4 | Subxénero Platanus |
O plátano común ou plátano de sombra foi dende antigo considerado un híbrido orixinario do cruzamento entre os parentais Platanus occidentalis e Platanus orientalis; malia non estar clara a súa orixe, que uns localizan en Londres e outros na península Ibérica, e incluso en formas híbridas ou non, naturais ou de cultivo, de Turquía; a cuestión non se ten investigado con técnicas moleculares modernas. Consecuentemente, incluso a nomenclatura é motivo de discusión, polo que los autores anglosaxóns non admiten a prioridade do nome que se acostuma empregar en España (seguindo a Rocha Afonso, 1990, véxase en Referencias). Descoñécese esta planta brava, mais pode aparece naturalizada na beira de regueiros, incluso nalgunhas partes de Galicia.
Híbrido (?) Platanus × hispanica Mill. ex Münchh., 1770 (= P. orientalis var. acerifolia Aiton, 1789; P. hybrida Brot., 1804; P. vulgaris Spach, 1841, nom. illeg.; P. × acerifolia.
Outros nomes propostos para híbridos e probabelmente sinónimos do anterior, que é a única forma inglesa, e do que representarían variantes menores, son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.