Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eudicotiledóneas (Eudicotyledoneae) son un grupo monofilético de anxiospermas, previamente denominado tricolpadas ou dicotiledóneas non-Magnoliidae [1]. O clado foi recoñecido por vez primeira na análise filoxenética baseada na morfoloxía dos botánicos evolucionistas Michael J. Donoghue e James A. Doyle (1989), que utilizaron o nome de tricolpada. En 1991 James A. Doyle e o paleobótanico Carol L. Hotton empregaron por primeira vez o termo eudicots para significar que este gran grupo das dicotiledóneas (dicots en inglés) formaba un verdadeiro (eu-) clado. Posterior información molecular redundou no seu recoñecemento pola comunidade científica e en 2007 Donoghue, Doyle e Phillip D. Cantino propuxeron o nome científico Eudicotyledoneae [2]. Actualmente, os seus subclados principais son ben recoñecidos e contan con categorías de ordes e familias. O Angiosperm Phylogeny Group (APG) identificou este clado co nome de eudicots, nas presentacións do sistema APG de 1998, o sistema APG II de 2003 e no APG III de 2009.
Eudicotiledóneas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
|
As eudicotiledóneas é o clado máis grande das anxiospermas, co 75% de todas as súas especies [3], contendo unha enorme variabilidade nas características morfolóxicas, anatómicas e bioquímicas.
As eudicotiledóneas conforman un clado, que separou á meirande parte das plantas antigamente consideradas dentro das dicotiledóneas (grupo parafilético) para formaren un grupo monofilético. O termo procede do grego e significa "dicotiledóneas verdadeiras" por ter as características de dicotiledóneas típicas. Algúns autores denominan ao resto das antigas dicotiledóneas como paleodicots[4] pero nin este termo nin a forma Paleodicotyledoneae son comúns , en especial porque se refieren a un grupo parafilético. O nome tricolpadas que tamén recibiu fai referencia á estrutura do pole.
Considérase monofilético na base do pole tricolpado así como tamén debido as secuencias de ADN rbcL, atpB, e ADNr 18S [5]. O clado caracterízase por seren as súas flores cíclicas, dispostas en verticilos, cos membros dos verticilos individuais alternados e a presenza diferenciada das partes internas e externas do periantio. Os filamentos do estame son normalmente delgados, compartindo anteras ben diferenciadas, e a maioría dos membros teñen plastos tipo-S nos seus elementos cribados. Unha sinapomorfía do clado é presentar grans de pole triaperturado de tipo colpo, isto é pole tricolpado e os seus derivados.
O fósil máis antigo das eudicotiledóneas, Leefructus mirus, ten unha antigüidade de entre 122.6 e 125.8 millóns de anos e pola análise do fósil do pole o rexistro das eudicotiledóneas máis antigas pode remontarse a uns 127 millóns de anos [6] no barremiano final e comezo do aptiano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.